A Xunta reclama ao Goberno información sobre o expediente de Bruxelas á AP-9

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aproveitou unha reunión co secretario de Estado de Política Territorial, Arcadi España, e outros representantes do Goberno central, para insistir no rescate da AP-9 e demandar información directa sobre o expediente da Comisión Europea sobre a prórroga.


|

Rueda de prensa posterior al encuentro entre representantes de la Xunta y del Gobierno.
Foto: EP


O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aproveitou unha reunión co secretario de Estado de Política Territorial, Arcadi España, e outros representantes do Goberno central, para insistir no rescate da AP-9 e demandar información directa sobre o expediente da Comisión Europea sobre a prórroga.
 


Ao termo do encontro, no que tamén participou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o conselleiro puxo no foco nas prórrogas que encadea no Congreso o debate do traspaso desta autoestrada estratéxica para a comunidade e tamén explicou que pediu a España que o Goberno facilite á Xunta información sobre o procedemento aberto en Bruxelas.

"Queremos información porque, a día de hoxe, a Xunta de Galicia, territorio por onde discorre integramente esta infraestrutura, non ten ningunha de si presentaron alegacións ou non, ou sobre esas alegacións", argumentou Calvo.
 

G1rD zkWwAAQ3 K
Foto: @g24noticias


Sobre esta cuestión, o secretario de Estado manifestou que non ía entrar "demasiado en detalle", máis aló de reivindicar "as relevantes bonificacións que introduce o Goberno de España nesa autoestrada".
 


Máis aló, garantiu que lle trasladaría ao Ministerio de Transportes a demanda da Xunta relativa a ter información. "En canto teñamos información, transmitirémoslla", concluíu. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE