O soporte de Abanca e o SERGAS, DXC Technology, en folga tras encadear marcas de beneficios e conxelar salarios

É unha das empresas informáticas máis importantes de Galicia, cuns 500 empregados entre A Coruña e Santiago. Levan meses de protestas porque, din, os seus salarios perderon un case un 20% de poder adquisitivo, fronte a uns beneficios record da multinacional. Dado que a empresa presume de ser o soporte informático do 100% dos bancos do IBEX 35, é posible que se produzan incidencias neste sector crave.


|

Protesta de DXC ante Abanca en una imagen de CC.OO.
Protesta de DXC ante Abanca o luns na Coruña nunha imaxe de CC.OO.


Os traballadores de DXC Technology en toda España -incluídos os dos seus centros en Coruña e Santiago- teñen en marcha tres xornadas de folga. Esta quenda de protestas empezaron onte luns, día 3 de xuño, e prolongaranse até mañá, o 5 de xuño. Ademais, os sindicatos decidiron protestar fronte aos principais clientes da empresa. Así, por exemplo, na Coruña concentráronse ante sucursais de Bankinter e Abanca.

 

A empresa, que se encarga do soporte informático para grandes entidades financeiras, empresas de automoción e servizos do Estado e a Xunta, foi obxecto de críticas por parte dos sindicatos. Os traballadores denuncian a perda de poder adquisitivo, do 17% nos últimos tres anos segundo CC.OO. Galicia, e demandan que se axusten as clasificacións profesionais.

 

Iván Cordeiro: "Encargámonos de servizos financeiros e temos categorías de teleoperadores e auxiliares administrativos. Pedimos que como mínimo se nos clasifique como xestores".

 

"Aquí na Coruña, encargámonos de servizos financeiros e temos categorías de teleoperadores e auxiliares administrativos. Pedimos que como mínimo se nos clasifique como xestores e a empresa négase rotundamente", explicou por exemplo Iván Cordeiro, responsable de servizos técnicos en CCOO Galicia.


Provedor crave do sector público de Galicia

DXC Technology é unha multinacional de orixe americana que se encarga do soporte informático para grandes empresas. En España traballa para Abanca, Carrefour, Banco de Santander, Bankinter, Renfe, Acciona, Banco Sabadell, Ferrovial, FCC, Logista, Seur e outros moitos. No sector público non galego, a Comunidade de Madrid ou Renfe son algúns dos seus clientes destacados. 

 

Personal del grupo DXC Technology se moviliza ante unas oficinas de Abanca en A Coruña
Persoal do grupo DXC Technology mobilízase ante unhas oficinas de Abanca na Coruña

En Galicia gañou múltiples concesións nos últimos anos. Así, por exemplo encárgase do soporte á recete electrónica, do mantemento de E-saúde, o principal portal do SERGAS e ao Almacén de Información analítica da administración sanitaria autonómica.  Tamén é un dos principais provedores da axencia tecnolóxica da Xunta, a Amtega, pois leva a súa administración de sistemas e o sistema de análise corporativa da axencia, entre outros moitos.

 

O aumento de adxudicacións por parte da Xunta permitiulle disparar o seu cadro de persoal en Galicia. Así, segundo datos da administración, en Santiago tiña 50 asalariados en 2016 e en 2020 eran xa 50.

 

A empresa anunciou marcas de facturación e ganancias nos últimos anos, pero os traballadores quéixanse de que non se viron reflectidos nos seus salarios. Así, en maio anuncio´un beneficio de 228 millóns de dólares no primeiro cuarto do ano e máis de 900 en 2023

 

A maioría sindical do grupo DXC, formada por seccións sindicais de CXT, CNT, CCOO, CSI, USO, Intersindical-#CSC, OSTA e UXT, convocaron inicialmente as mobilizacións, pero CSIF descolgouse da última quenda de protestas, segundo informou Diario de Avilés. Todos os 7.500 traballadores do grupo en España están chamados a participar.
 

Os traballadores tamén se queixan de que a empresa reduciu custos ao implementar o teletrabajo e non mellorou as condicións laborais.  Os asalariados quéixanse de que DXC leva varios anos anunciando records de facturación e ganancias, está a contratar máis persoal e aforrou moitos custos en aluguer de oficinas co teletrabajo sen que isto repercutise nunhas mellores condicións para os empregados, ao contrario.

Rueda participa en la presentación de las nuevas instalaciones de DXC Technology.
Rueda participa na presentación das novas instalacións de DXC Technology en Santiago nunha imaxe de arquivo.

 

DXC Technology é unha das líderes en consultoría de Tecnoloxías de Información en España, con máis 7.000 empregados distribuídos nunha ducia de centros que dan servizo a preto de 200 clientes de todas as industrias. En Galicia conta unha Oficina Comercial e Centro de Competencias na Coruña e unha oficina máis pequena en Santiago de Compostela. CC.OO. estima que os dous centros empregan uns 500 traballadores en Galicia.

 

A multinacional é froito da fusión do negocio de servizos empresariais de Hewlett Packard Enterprise (HPE) e CSC. En España en 2022 declarou máis de 450 millóns de facturación. No seu informe de sustentabilidade, presume de recibir nos últimos anos distintivos como Great Place to Work e Top Employer. Por agora, non respondeu publicamente ás mobilizacións dos seus empregados, a pesar de que empezaron hai varios meses. 

Alfonso Rueda en una visita a DXC en Santiago
Alfonso Rueda nunha visita a DXC en Santiago en 2022

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE