Por que se limita a pesca de arrastre? Para favorecer aos parques eólicos mariños, din patronal de armadores

Galicia vive unha febre do ouro no mar, con ducias de proxectos solicitados por enerxéticas para instalar aeroxeradores na costa, algo que preocupa, e moito, ao sector pesqueiro.


|

Os armadores da pesca de fondo, que usan artes como o arrastre e o palangre, non son os únicos críticos cos proxectos de éolica mariña en Galicia. Algúns ecoloxistas tamén se mostran reaccios, por exemplo Adega

 

As críticas chegan despois de que se filtrase un documento da Comisión Europea, que apunta a que se prohibirá o arrastre nas áreas mariñas protexidas (MPAs) antes de 2030.
 

El Presidente De La Alianza Europea De Pesca De Fondo, Iván López, En Una Entrevista En La TVG
O Presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo, Iván López, nunha entrevista na TVG

O presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo, Iván López, alerta de que o veto á pesca de arrastre impulsado pola Comisión Europa busca facilitar a eólica mariña e a extracción de hidrocarburos.

Nunha entrevista coa TVG, que recolle Europa Press, López denuncia unha "axenda e intencionalidade" de "eliminar o arrastre pola porta de atrás", no que identifica cunha campaña de "acoso mediático".

 

"Si nunha zona hai tubaxes, cables ou calquera outra cousa de novas actividades, como pode ser a extracción de hidrocarburos ou muíños pode haber interaccións non desexadas"

 
 

UN VETO QUE VAI A MÁIS
A Comisión Europa manterá o veto á pesca de fondo nos 87 caladoiros do Atlántico polo menos até final de ano e prevé aumentar as zonas protexidas para estas artes de pesca.

"Si nunha zona hai tubaxes, cables ou calquera outra cousa de novas actividades, como pode ser a extracción de hidrocarburos ou a xeración eléctrica por medio de muíños no mar, que precisa cables de alta tensión cara a terra, pode haber interaccións non desexadas", razoa. E é que "ninguén quere que un pesqueiro de arrastre pase por encima dun cable de alta tensión".

Iván López indica que hai "zonas ao norte de Galicia e polígonos" de proxectos que se prevén nos que "sempre hai coincidencia con zonas pesqueiras porque a pesca ocorre onde o fondo é viable e non moi profundo, que é onde se queren pór as cousas".

Por iso, bota en falta "falar doutros factores" máis aló do impacto pesqueiro, dado que parece que "o único problema é a pesca e os pescadores".
 

Archivo - Ejemplo de cimentaciones monopiles en parque eólico West of Duddon Sands (WODS) de Iberdrola
Arquivo - Exemplo de cimentacións monopiles en parque eólico West of Duddon Sands (WODS) de Iberdrola


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE