Sinalou que tamén depende doutros organismos, como a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Goberno Central
No documento, aseguran, esixen a devandita paralización das instalacións de Norvento anuladas pola xustiza. Manuel Germade, coordinador de afectados por parque eólicos de ACOUGA, destacou o seguinte: “Aínda que as sucesivas sentenzas que anulan as licenzas de actividade do parque de Norvento son firmes desde fai máis de tres meses, tendo en conta que a propia empresa desistiu de calquera procedemento, o parque segue funcionando a plena actividade, como se nada pasase”.De igual modo, o tamén representante dos veciños de Sasdónigas, solicitaba á Xunta e ao Concello de Mondoñedo que tomasen as medidas necesarias para parar a actividade, xa que é a súa deber frear os negocios sen licenza de actividade.Os asinantes dos escritos decidiron que tamén poñerán os feitos en coñecemento de a Rede Eléctrica de España -REDESA- para alertarlles de que están a comprar enerxía ilegal e que, por conseguinte, teñen o deber de desconectar o parque da rede pública. ACOUGA tamén enviará o aviso ao Ministerio para a Transición Ecolóxica coa finalidade de que estean informados e procedan a vixiar o proceso.
A 'Plataforma Contra Eólicos Bustelo-Campelo-Toural' concentrou a decenas de veciños no municipio carballés para protestar contra os tres parques eólicos proxectados nos municipios de Carballo, Coristanco e Santa Comba.
A 'Rede de Plataformas Medioambientais Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas' reclama unha reunión cos gobernos de Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo co fin de transmitir a reocupación dos veciños ante a "inminente saída a exposición pública" dunha serie de proxectos eólicos e liñas de alta tensión na zona.
O obxectivo da rede é "denunciar e frear os parques eólicos e liñas eléctricas que destrúen o territorio". As sete plataformas que integran a rede representan a máis de dez concellos de toda Galicia, o que supón dar voz a miles de veciños.
A Xunta di que a lei de implantación empresarial reduce a tramitación á metade de tempo. Prevense 6.000 empregos.