Naturgy anuncia un investimento de máis de 100.000 euros para mellorar o suminsitro eléctrico en Cariño

Unión Fenosa Distribución (UFD), a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu 110.000 euros na mellora da subministración do lugar de Cabanán, pertencente ao municipio coruñés de Cariño.


|

O municipio coruñés beneficiarase destas melloras programadas para o lugar de Cabanán.

 

Naturgy proxecta "potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución, especialmente en zonas rurais".

 

Fachada de la sede de Naturgy, empresa española que opera en los sectores eléctrico y gasístico, a 10 de noviembre de 2022, en Madrid (España). Los cuatro principales accionistas de Naturgy Energy Group S.A. (Criteria Caixa, CVC, GIP e IFM) se han comprom
Foto: EP

 

Unión Fenosa Distribución (UFD), a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu 110.000 euros na mellora da subministración do lugar de Cabanán, pertencente ao municipio coruñés de Cariño.

En concreto, tal e como indica a compañía, reformou unha liña aérea e instalou un novo centro de transformación, co obxectivo de "asegurar a fiabilidade" da subministración e "minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia".

Esta actuación inclúese no plan de investimentos que cada ano deseña Naturgy para "potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución, especialmente en zonas rurais".

A compañía destaca que, nos últimos cinco anos, UFD investiu máis de 600 millóns de euros para mellorar o seu servizo e infraestruturas en Galicia. En 2021, o orzamento para estas actuacións situouse en 130 millóns, dos que 17 foron para automarizar e dixitalizar a rede.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE