O galego Dro Fernández cóase na lista dos 60 diamantes en bruto do fútbol mundial

O diario The Guardian fala do futbolista de Nigrán como un dos maiores talentos da escena planetaria entre os nados en 2008.


|

Dro
Pedro 'Dro' Fernández | Foto: FCB

 

Cos seus insultantes 17 anos Dro Fernández é hoxe en día un dos nomes propios do Fútbol Club Barcelona. Afeitos sacar talentos da Masía ano tras ano, a factoría de fútbol do equipo azulgrana aseméllase máis a unha churrería que á auténtica mina de diamantes que hoxe nutre o primeiro equipo culé, cos Lamine Yamal, Gavi, Pau Cubarsí ou Balde capitaneando a constante fornada de grandes xogadores con ADN Barça. O último en coar nesa listaxe non é outro que o nigranés Pedro 'Dro' Fernández, que acapara titulares, o máis recente procedente de Gran Bretaña.

 

 

A XERACIÓN DO 08

Foi o xornal The Guardian o que, no seu repaso anual aos maiores talentos do fútbol mundial, colocou ao galego no seu prognóstico entre os 60 futbolistas a seguir nos próximos anos. Dos nados en 2008, Dro, que vén de debutar co primeiro equipo entrando de titular ante a Real Sociedade e dando mostras do talento que encandeou a Hasi Flick, comparte cartel con outro compañeiro de clase, como Toni Fernández, e o tamén español Nico Guillén, este en as filas do Sevilla.

 

GxCT5iCWoAAQsz2
Toni Fernández, o primeiro pola esq, e Dro, no centro da imaxe, xunto aos seus compañeiros Jofre, Guille e Kochen | Foto: FCB

 

O ano pasado foron Cubarsí, Yamal ou Marc Bernal algúns dos citados polo medio británico, que no seu traballo de scouting adoita marcar a senda dos nomes propios dos próximos anos. Un exemplo atopámolo en 2019, cando repasando aos futbolistas nados en 2002 puxo o foco sobre Pedri, Gvardiol, Doku, Camavinga ou Calafiori, xogadores que xa están asentados na elite como algúns dos mellores futbolistas do momento. Tamén futbolistas como Ilaix Moriba ou Bruno Iglesias, nas filas de Celta e Celta B respectivamente, formaron parte da lista dos nados en 2003 na promoción de Cherki, Wirtz ou Musiala.

 

 

Dro pode presumir que é o primeiro galego desde 2014 que salgue nesta prestixiosa listaxe que, con todo, non é garantía de éxito. Integrar a nómina de grandes talentos de 17 anos non é un seguro, xa que moitos dos futbolistas que saíron nesta retahíla de nomes quedáronse en pedras preciosas que nunca chegaron a brillar coa intensidade que prometían nun primeiro momento. É traballo de Dro, e un pouco de sorte, alcanzar as cotas que se lle presupoñen e que, polo menos de momento, parecen ao seu alcance. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE