O Racing de Ferrol homenaxeará aos abonados que levan medio século amando ao club
O acto será ante a Celta Fortuna este sábado, 23 de agosto, ás 19.00 horas no estadio da Malata.
O Concello de Ferrol acolleu este xoves a presentación do Trofeo Concepción Areal, un evento futbolístico con 72 anos de historia que enfrontará ao Racing de Ferrol e á Celta Fortuna este sábado, 23 de agosto, ás 19.00 horas no estadio da Malata, que se converterá nunha homenaxe aos abonados con máis de 50 anos de antigüidade.
Neste sentido, o alcalde, José Manuel Rey Varela, destacou a relevancia do trofeo, que se celebra desde 1.953 e que foi testemuña de "grandes partidos".
A reglón seguido, sinalou que este evento é parte dunha "gran programación de actividades" que combinan a cultura, a música e o deporte para ofrecer un "agosto feliz" á cidade.
Rei Varela mostrouse orgulloso do equipo local e confiou en que, a pesar do recente descenso, o Racing de Ferrol saberá "#levantar" e ofrecer un bo espectáculo no terreo de xogo.
Pola súa banda, o presidente do Racing de Ferrol, Manuel Ansende, aproveitou a ocasión para anunciar varias novidades importantes.
Desta forma, o partido servirá como escaparate para estrear a nova iluminación do estadio da Malata, unha obra que, segundo afirmou, dota ao club dun "salto de calidade" esixido polo fútbol profesional. Ademais, inauguraranse os novos videomarcadores, situados nunha posición provisional mentres non se realizan as obras da cuberta.
Ansende tamén quixo agradecer o apoio incondicional dos afeccionados, destacando que o club superou os 7.800 socios a pesar do descenso de categoría. Como xesto de agradecemento, o partido será de entrada gratuíta para todos.
O presidente anunciou que o encontro servirá para homenaxear aos abonados con máis de 50 anos de antigüidade. En total, distinguirase a 38 socios que levan máis de medio século vinculados ao club, e a tres que mesmo superan os 70 anos como abonados, unha mostra de "agarimo, fidelidade e referencia" para todos os seguidores.
Escribe o teu comentario