O Real Betis non ten présa en vender a Borja Iglesias, cosciente da "millonada" que ingresará o Celta
O cadro celeste parece a piques de "malvender" á súa perla, Fer López, polo que outros equipos esperan a que en Balaídos teñan liquidez para empezar a negociar.
A sorpresiva saída e Fer López de Vigo provocou un sismo na planificación deportiva do Celta de Vigo. Aínda que se esperaba que este fose un verán axitado na Sede, o certo é que na dirección celeste non contaban con que todo fose porse costa arriba tan cedo. O Wolverhampton inglés parece disposto a abonar a clausula de rescisión de Fer López e o mediapunta chegaría a un acordo para enrolar nas filas do cadro inglés por 20 millóns de euros. Dese ingreso inesperado, por baixo do valor que podería ter o novo talento, aproveitaranse os clubs cos que agora vai negociar o equipo dirixido por Claudio Giráldez.
CONDENADOS A ENTENDER
Un deles é o Real Betis, propietario dos dereitos de Borja Iglesias. 'O Panda' fixo un tramo final de tempada sobresaliente no seu regreso ao Celta de Vigo, co que actuou como cedido pola escuadra sevillana, que non contempla ao santiagués nos seus plans de face á próxima tempada.
Giráldez necesita un 9 e futbolistas de xerarquía como o galego, que dixo vivir a súa mellor tempada no persoal e no profesional baixo a batuta do técnico porriñés. O canteirán prioriza unha segunda tempada en Vigo, onde xogaría competición europea, pero en Sevilla non teñen présa por desprender do ariete así como así.
Agora que o Celta ten diñeiro dabondo para pagar por Borja Iglesias, en Heliópolis pretenden forzar a maquinaria para sacar a maior tallada posible. O obxectivo é sacar, polo menos, uns 6 millóns polo dianteiro, autor de once goles coa camiseta celtiña.
Aínda que condenados a entender, os de Pellegrini non se baixarán da burra agora que en Vigo nadan nunha opulencia non desexada, pois seguro que os incondicionais celestes preferían contar con Fer outro ano máis antes que verse cos petos cheos axiña que.
Escribe o teu comentario