O Racing de Ferrol comeza a esfollar a margarida e xa ten recambios para Menéndez e Mouriz
O cadro departamental pretende pechar nas próximas horas o nome do seu novo adestrador e o novo director deportivo.
veñen tempos de cambio no Racing de Ferrol. Sen tempo para lamerse as feridas, nas oficinas do cadro naval xa se han puesot ao choio para debuxar a nova etapa do club, agora en Primeira RFEF e co firme obxectivo de pasar o menor tempo posible na división de bronce do fútbol nacional. O plan pasa por renovar o Racing de abaixo a arriba, desde o banco até a dirección deportiva, despedindo a Carlos Mouriz e Alejandro Menéndez e elixindo aos seus sucesores.
BAILE DE NOMES
Para o posto de adestrador a cúpula racinguista xa ten anotando un nome en vermello na axenda para ser o recambio dun Alejandro Menéndez que nunca deu coa tecla e que se despediu da cidade cun "até sempre, Ferrol; Opa Racing!".
O novo inquilino da banqueta verde parece ser un vello coñecido como Pablo López. O xa expreparador do Ourense CF chegaría a Ferrol como último servizo de Mouriz, o seu valedor e unha persoa que o coñece ben despois de traballar de xeito conxunto en tempadas anteriores, onde integrou o equipo de Parralo.
O coruñés anunciou xusto onte que abandonaba a cidade termal despois de salvar aos ourensáns con moita antelación e sen demasiados apuros nunha tempada memorable da escuadra auriense, á que chegou para remplazar a Rubén Domínguez, que capitaneou o ascenso dos ourensáns até a terceira categoría nacional e que vén de ser confirmado para liderar o proxecto do Pontevedra CF, recollendo a testemuña dun Yago Igrexas que, tras abandonar Pasarón, soaba con forza para aterrar na Malata.
A este baile de nomes hai que sumar o de Álex Vázquez, que tamén deixa o seu posto no Arenteiro para ser o novo director deportivo do Racing. O Grupo Elite aposta así por unha persoa nova e que coñece ben a categoría e que se labrou un nome polo seu bo facer no Carballiño, onde o Arenteiro pasou serse un equipo de pobo a falarlle de ti a ti aos cocos do Grupo I e sorprender na Copa do Rei. Sobre os seus ombreiros recae o desafío de renovar o persoal e axustala a unha nova meta como é regresar canto antes a Segunda División.
Escribe o teu comentario