A Xunta concede 60.000 euros ao club Remo Poboa para reconstruír as instalacións arrasadas polo lume
Trátase dunha concesión directa dunha axuda extroardinaria despois do suceso que tivo lugar o pasado mes de xaneiro.
O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publica este martes a concesión directa dunha axuda extroardinaria de 60.000 euros ao club Remo Poboa da Pobra do Caramiñal, tras o incendio que o pasado mes de xaneiro destruíu as súas instalacións e equipamentos.
Este club, fundado en 1979, é un dos máis importantes de Galicia, especialmente no banco fixo, e na tempada 2021 competiu con tres embarcacións en todas as categorías da liga Galega de Traiñeiras. O club conta con case 150 licenzas federativas.
A axuda concedida, para a adquisición de material deportivo, está destinada a garantir a viabilidade do club, que quedou comprometida tras o incendio, xa que quedaron danadas todas as embarcacións e elementos auxiliares. As perdas ascenden a case medio millón de euros.
Escribe o teu comentario