A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon encherá os hoteis en toda a comarca de Pontevedra, asegura Lores

O rexedor pontevedrés di seguir "pendente de contestación" do alcalde de Sanxenxo para participar no comité organizador, porque aí será o Congreso Mundial de Tríatlon.


|

Ep
Foto: EP


O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou que a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, "o evento deportivo máis importante deste ano en Galicia", encherá os hoteis de toda a comarca.

Nunha comparecencia de prense celebrada este venres, o rexedor explicou que no Concello da capital están "a traballar sen pausa para esta cita, é unha prioridade absoluta".

Lores confía en que este "vai ser un evento que transcenderá a cidade de Pontevedra, deixar notar en todas as Rías Baixas e por tanto en todo o país", polo que se mostrou convencido de que se crearán "illares de prescriptores da nosa terra e que volverán ou recomendarán a outros visitarnos".

Esta mesma mañá, Lores mantivo unha conversación co presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), Alfonso Martínez, para "agradecerlle as súas palabras nas que di que a Gran Final amplía a tempada de verán e chea hoteis non só en Pontevedra, senón en toda a comarca".

 

PENDENTES DE SANXENXO

O alcalde de Pontevedra comentou que Sanxenxo será a sede do Congreso Mundial de Tríatlon e alí estarán todos os países que forman parte da Federación Internacional (World Triathlon) e que conta cunha loxística propia.

Por este motivo, Lores indicou que quere "contar coa colaboración dos hostaleiros do Sanxenxo" e ademais xa falou e está "pendente da contestación" do alcalde de estemunicipio, Telmo Martín, por "si quere participar no comité organizador do evento", desvelou o rexedor nacionalista.
 

Triatlu00f3n pontevedra
Triatlu00f3n pontevedra


Nese sentido, Lores incidiu na importancia de "arrimar o ombreiro de maneira colectiva", lembrando que no ano 2025 Pontevedra volverá ser a sede do Mundial Multisport, tal e como xa foi no 2019. "Temos que dar a mellor imaxe posible", concluíu.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE