Falece o futbolista coruñés Luís Suárez, primeiro Balón de Ouro de España
Moi admirado en España e Italia, o mundo do fútbol chora hoxe a súa perda
Luís Suárez, primeiro Balón de Ouro español e unha das maiores lendas do fútbol do país, faleceu este domingo. Trátase dunha perda chorada hoxe polo ámbito do fútbol desde todas partes do mundo.
Nacido na Coruña, no barrio de Monte Alto, deu os seus primeiros pasos no mundo do fútbol no equipo Perseveranza, na parroquia de Santo Tomás, aínda que o seu debut profesional foi no Real Club Deportivo da Coruña, no ano 1953.
Anos despois foi trasladado ao Barcelona, onde disputou sete tempadas e conquistou seis títulos, entre eles dúas Ligas e un Balón de Ouro en 1960.
Co Inter de Milán, polo que fichou no ano 1961, gañou dúas Copas de Europa, tres Scudetti e dúas Copas Intercontinentais co Grande Inter de Helenio Herrera.
A finais dos anos 70 retoma o Deportivo comezando unha nova travesía en España , aínda que con algúns retornos ao equipo milanés. Posteriormente promocionou como seleccionador nacional absoluto, guiando a España no Mundial do ano 1990.
Foi moi admirado en Italia , sobre todo no Inter de Milán, e en España , dentro do Barcelona e o Deportivo.
Escribe o teu comentario