Regresa a Runki Race, a carreira inclusiva que congrega aos superheroes na Coruña

Este 27 de marzo ábrese o proceso de inscrición para a carreira, que se celebrará o próximo 14 de maio. 


|

Runki race coruu00f1a
Foto: Runki Race

 

Despois da experiencia do ano pasado, a festa do deporte organizadas polas fundacións Adcai e Enki regresa á cidade da Coruña, onde xa o ano de pasado déronse cita miles de superhéores, coa capa de Runki para percorrer os 7 quilómetros que os separaban da meta.

 

Este ano, o obxectivo é seguir sumando corredores que mostren os seus superpoderes no percorrido xunto cos nenos e nenas que participen neste reto para deportistas de elite e xente que nada ten que ver co deporte. É unha carreira para familias, para grandes, para pequenos, para persoas con e sen mobilidade reducida...é para todos os valentes que se enfronten a eses 7.000 metros. 

 

 

INSCRICIÓN

"Pódese participar correndo, andando ou en calquera vehículo adaptado para persoas con discapacidade", explica a organización, que anima a realizar a inscrición presencial a partir deste luns 27 de marzo e até o 11 de maio, con vistas a celebrar a gran carreira o próximo 14 de maio. As inscripiciones poden formoulares no Departamento de Deportes do Corte Inglés de Ramón e Cajal, na cidade herculina, pero tamén nos grandes almacéns do Corte Inglés en Vigo e Santiago.

 

Participar en Runki ten só un custo de 8 euros para os que corran a carreira de 7km, coa posibilidade de, por 2 euros máis, incorporar a cronometraxe e chip para formar parte da competición. A 'Mini Runki' de 2km terá un prezo de 6 euros. 

 

Runki race
Foto: Runki Race

 

"A categoría adaptada para persoas con diversidade funcional, correspóndese coas cadeiras de atletismo. Estableceranse outras categorías especiais que non dependen dos tempos nos que se completa o percorrido vinculado con disfraces ou categoría de empresas", agregan os organizadores. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE