O Celta acelera para traer a Diego Alves canto antes a Balaídos
O porteiro de Río de Janeiro, segundo apuntan desde Brasil, chegará a Vigo nos próximos días para pasar o recoñecemento médico e asinará até xullo.
O porteiro de Río de Janeiro, segundo apuntan desde Brasil, chegará a Vigo nos próximos días para pasar o recoñecemento médico e asinará até xullo.
O Celta estaba obrigado a facer unha aposta na portaría: ou promocionaba a un canteirán ou recorría ao mercado en busca dalgunha fichaxe de garantías.

Horas decisivas na Sede. Nas oficinas do Celta de Vigou se aceleraron os trámites para incorporar inmediatamente un cérbero de garantías polas dúbidas que xera o feito de contar só con Iván Villar na portaría o que resta de campaña. Por iso, para os próximos 18 partidos, o conxunto olívico espera contar coa competencia de Diego Alves, un vello coñecido da liga e toda unha lenda do campionato nacional.
O parapenaltis (case un 50% de acerto desde os once metros tras 43 lanzamentos) chegará a Vigo, segundo apuntan diversos medios brasileiros, logo de finalizar a súa vinculación con Flamengo hai unhas semanas. A súa contratación é obrigada pola lesión de Marchesín, que durante os adestramentos da semana pasada sufriu unha lesión que o terá no dique seco toda a segunda volta.
Carvalhal dixo estar satisfeito coa actitude de Villar, pero o certo é que falamos dun porteiro que até o partido do Betis só disputara dous intranscendentes duelos copeiros ante rivais de moi baixa categoría. Ante o Espanyol, o único equipo dun nivel idéntico ao Celta nos tres partidos xogados de Copa do Rei, o prepador luso decantouse pola meta arxentino, que o había juado todo no campionato doméstico até a súa lesión. A inactividade de Villar e a súa pouca experiencia na elite son os motivos que levaron aos vigueses ao mercado.
A resposta atopárona en Diego Alves, un futbolista que non ocupa praza de extracomunitario e que coñece dabondo a competición. Con 37 anos, Alves parece disposto a un último baile en Europa, despois de habelo gañado todo en Brasil co Fla máis exitoso da súa historia. Segundo apuntan no país brasileiro, o ex de Valencia ou Almería estaría xa asinado, só pendente de superar o pertinente recoñecemento médico para facer oficial o seu desembargo na ría de Vigo.
Escribe o teu comentario