(RESUMO) O Pontevedra matagigantes avanza de rolda en Copa e xa espera a un coco en Pasarón
Dous goles de Guèye nos primeiros quince minutos deron a vitoria ao Pontevedra, que avanza de rolda en Copa do Rei e espera a un rival de primeiro nivel na seguinte rolda.
Dous goles de Guèye nos primeiros quince minutos deron a vitoria ao Pontevedra, que avanza de rolda en Copa do Rei e espera a un rival de primeiro nivel na seguinte rolda.
Hoxe é a quenda de Celta, que se xogará o seu pase en Gernika, e Arenteiro, que recibe en casa ao Atlético de Madrid, o rival máis forte desta rolda.
Non pasaba o cuarto de hora de partido e o Pontevedra CF xa mandara á lona a un #CD Tenerife que practicamente nin se baixou do avión. Os granates mandaron aos insulars de volta a casa nun charter con dous goles de Guèye en apenas quince minutos e fixéronse co billete á seguinte rolda copeira, rememorando os anos dourados do conxunto pontevedrés, que soubo aguantar o resto do partido e non claudicó a pesar de que Romeu recortou distancias nun segundo tempo chicharrero.
Pasar a dezaseisavos era unha ilusión e non tanto unha prioridade para un Pontevedra que, unha vez por diante no marcador, espezó a crer nas súas posibilidades para pasar á seguinte fase, a pesar de que os locais son un equipo de Primeira RFEF e o Tete é un cadro confeccionado para tratar de asaltar a Primeira División, a pesar de non ser este o seu curso máis brillante.
Os dous goles do senegalés -o primeiro con fortuna ao rebotar o chute nun defensor; o segundo un golazo cun obús desde a frontal- permiten ao Ponche seguir soñando cun novo machadazo no torneo do K.O. Agora, podería chegar a Pasarón un equipo de primerísimo nivel a xogar as habichuelas cos pupilos de Antonio Fernández.
Hoxe son o Celta e o Arenteiro, os outros representantes galegos, os que se terán que gañar os cuartos ante Gernika e Atlético de Madrid, respectivamente, aínda que só os do Carballiño actuarán como locais.
Escribe o teu comentario