O Estadio de Balaídos alagado parcialmente tras as fortes choivas en Vigo (vídeos)
As fotografías e os vídeos mostran como o temporal que azoutou Galicia na tarde do luns e na noite do martes provocou danos no recinto municipal onde xoga o RC Celta de Vigo.
As copiosas choivas das últimas horas volveron a pór de relevo os defectos que pesan sobre o veterano recinto do Concello de Vigo Polo menos o túnel de vestiarios, o vestiario do primeiro equipo e a zona mixta han acabado mergulladas en Balaídos.

Os bombeiros de Vigo estiveron a traballar á primeira hora da mañá do martes para expulsar a auga.
Hai que lembrar que o Estadio de Balaídos de Vigo é un dos estadios que aspira a ser sede da candidatura de España, Portugal e Ucraína para o Mundial de fútbol da FIFA en 2030. Está claro que estas imaxes non pon á candidatura olívica nunha boa situación.

Vigo soportou onte moitísima choiva, como gran parte de Galicia. Houbo un período no que caeron máis de dez litros por metro cadrado en unicamente dez minutos.
Os vídeos mostran como o líquido afectou a lugares como as oficinas ou os almacéns. Os operarios tiveron que pór as katiuskas para comprobar os danos.
Outras zonas da comarca de Vigo sufriron problemas. Por exemplo, a contorna da fábrica de coches de Stellantis, a antiga Citroën.
Máis arriba, en Mondariz , o río Tea desbordouse provocando que a auga chegase a algúns domicilios veciños. Os bombeiros tiveron que intervir en lugares como Ponteareas.
Escribe o teu comentario