Arxentina: campioa do mundo de fútbol

O xogo estivo moi rifado ata que, finalmente, a selección arxentina obtivo a vitoria na quenda de penaltis


|

EuropaPress 4877656 18 december 2022 qatar lusail argentinas lionel messi and frances dayot
Arxentina contra Francia este 18 de decembro @ep

O partido empezou cunha selección arxentina que soubo dominar o balón. Mentres tanto, Francia sufría por consumir algunha xogada. O ballón caeu rápido sobre o conxunto de Didier Deschamps, despois de que o árbitro le pitade unha falta a Dembele sobre Di Maria dentro da área, no minuto 21. Isto deu penali a Arxentina, que soubo aproveitar a situación pondo a Messi a xutar o penalti que, como sempre, non defraudou e a pelota penetrou na portenái de Hugo Loris.

 

A selección francesa non soubo aproveitar o primeiro gol e os arxentinos terminaron dominando o partido sen demasiadas molestias. Pouco tempo despois, no minuto 36 do xogo, un contraataque arxentino acaba asinando o segundo gol: unha increible combinación entre Messi, Mac Allister e, finalmente, Di Maria, que acabou empuxando a pelota dentro da rede.

 

Os franceses non souberon atopar o seu lugar durante a primeira parte e fóronse ao desanso cos dous goles de Arxentina na mochila. A final estaba xa bastante decidida e o conxunto francés debía darlle a volta ao partido na segunda parte se quería seguir aspirando a revalidar o trofeo de campioa do mundo. Con todo, nada diso ocorreu, pois Arxentina soubo xogar o segundo tempo coa mesma agresividade que o primeiro, sen deixar que Francia puediese crear xogo.

 

A REMONTADA

A forza da selección arxentina eclipsó totalmente aos franceses, con xogadores como Mbappé, que non tocaron a pelota nin creado perigo até o minuto 70, cun xute que tampouco resultou ningunha complicación para Dibu Martínez, o guardamenta arxentino. Os arxentinos foron moi superiores durante os primeiros minutos da segunda metade do xogo ante unha selección francesa que só puido crear perigo cando lle pitaron un penaliti a Arxentina. Un penalti que Mbappé non desaproveitou. Así chega o 2-1 á final do Mundial de fútbol, e o xogo comezou a revolucionar.

 

O gol de Francia toleou ao equipo galo. En pouco máis dun minuto, consiguiern meter o segundo gol, de novo coa firma de Mbappé. No minuto 81, Francia conseguiu darlle a volta a un partido que, até entón, estaba a ser totalmente dominado por Arxentina . Pola súa banda, o equipo latinoamericano viuse atafegado ao recibir dous goles de Francia nuns poucos minutos, perdendo o control e exhibir durante o resto do encontro.

 

A PRÓRROGA

Finalmente, nin Francia nin Arxentina souberon sentenciar o partido —aínda que Francia xerou moito perigo nos últimos minutos— e chegou´unha prórroga onde os galos mantiveron a intensidade dos últimos minutos da segunda parte. Con todo, non foi suficiente para afundir aos de Scaloni e, no minuto 110 apareceu Messi volvendo facer maxia e marcando o terceiro gol de Arxentina

 

E parecía que todo estaba decidido despois do gol de Messi, pero o fútbol é como é, e pouco despois unha man de Arxentina provocou que o árbitro pitase penalti a favor de Francia. Xutouno Mbappé e, como era previsible, coouse dentro da rede, devolvendo o partido ao empate. Tras uns minutos tensos onde as dúas seleccións loitaron por meter ese tanto que decidise o partido, e con varias xogadas de infarto, ningún equipo conseguiu que se inclinase a balanza. O campión do mundo decidirase na quenda de penaltis. 

 

Parecía, con todo, que todo estaba decidido despois do gol de Messi, pero pouco despois unha man de Arxentina provocou que o árbitro pitase penalti a favor de Francia. Xútao Mbappé e cóase dentro da rede, devolvendo o partido ao empate. Tras uns minutos tensos onde as dúas seleccións loitaron por meter ese tanto que decidise o partido, e con varias xogadas de infarto, ningún equipo conseguió que se inclinase a balanza. O campión do mundo decidiuse finalmente na quenda de penaltis.

 

PENALTIS

O primeiro penalti foi lanzado por Killian Mbappé, que conseguiu marcar o seu terceiro penalti no partido a pesar de que o gardameta arxentino conseguiu tocar a pelota coa man. Seguiulle Messi que, enganando ao porteiro galo, conseguiu meter tamén o seu tanto. 

 

O segundo tiro de Francia foi de Coman, e o Dibu volveu facer maxia neste mundial, adiviñando por onde iría a pelota e conseguindo parala. Logo xuta Dybala, que consegue metela polo centro adianta a Arxentina na quenda de penaltis. 

 

A terceira rolda iniciouna Tchouaméni, que colocou a pelota fóra dos tres paus e aumentou a vantaxe arxentina. Leandro Paredes xutou a continuación e conseguiu meter o penalti, deixando a Francia con moitas dificultades para conseguir o título. 

 

A cuarta rolda iniciouna Muani cun chutazo que case perfora a rede custodiada por Dibu . Francia seguía respirando ata que xutou Montiel, dando a vitoria a Arxentina .

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE