Escucha a canción de celebración do centenario do RC Celta de Vigo creada polo gaiteiro Ramón Soto

Unha combinación de canción de taberna, canto de bancada futbolística e folk galego. Así soa "Camiño a Balaídos", unha composición do músico Ramón Soto Ignacio para celebrar o  próximo centenario do Real Club Celta de Vigo.

 


|

Gravaciu00f3n de Camiu00f1o a Balau00eddos por el grupo A de Sabas
Gravación de Camiño a Balaíso polo grupo A de Sabas

 

Os celtiñas cumprirán 100 anos o 23 de agosto de 2023.  Soto gravou en novembro este tema coa axuda das voces e dos instrumentos de cantos de taberna A de Sabas, con sede en Baiona, e do técnico de son Rubén Troitiño.

 

A canción conta cunha web propia na que se pode escoitar e descargar gratis. Mestura instrumentos típicos do país como gaitas, pandereitas, acordeón, tambón e o bombo común entre os seareiros de fútbol. 

 

A letra da peza enumera a algunha das lendas celestes das últimas décadas. Por exemplo, o refrán cita a Berizzo, Paíño, Michel Salgado, Vlado Gudelj, Valeri Karpin, Mostovoi ou os brasiñeos Baltazar e Mazinho, entre outros. 

 

 

 

Está por ver si convértese na canción oficial do centenario, pois coñecida é a intención do club de que corra a cargo do famoso trapero madrileño C. Boureo, seareiro confenso de club, como o é por certo outro cantante con raíces galegas, o vocalista da Polla Records Evaristo. Do que non hai dúbida é que soará nas reunións e foliadas dos aficcionados celestes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE