O galego Ricardo Ramilo listo para volver ao Rally Dakar 2023
O condutor de Vigo perdeuse a pasada edición tras unha polémica co seu copiloto no medio dunha etapa -acabo só no deserto- pero parece que hai reconciliación coa organización.
A escuadra Ramilo explica que "tras mostrar o seu interese pola realidade insólita e complicada situación que lle tocou vivir a Ricardo Ramilo no Dakar 2021", David Castera -director do Rally Dakar desde hai varios anos- convidou "persoalmente" ao piloto galego. Proba das boas relacións é a foto remitida co comunicado.

Logicamente, Ramilo móstrase agradecido e, ademais, di estar listo. “Estou moi contento de poder volver a Arabia para participar no meu segundo Dakar, coa ilusión de entrar no Empty Quarter! Será unha nova aventura para todos os participantes no deserto máis inhóspito de Arabia. Por iso David Megre e eu estivemos a adestrar no deserto de dunas do Erg Chebi, en Marrocos”, declara.
O equipo do galego tentará sobrevivir a todas as etapas do Rally, que se celebra en Arabia Saudita. e que incrementa os seus estapas de 12 a 14. A competición empeza o último día de 2022 cunha previa na cousa do Mar Vermello. Acaba dúas semanas despúes, o 15 de xaneiro en Dammam.
En total, os pilotos deben percorrer 8.549 quilómetros; case 5.000 cronometrados. A evalución de David Castera é que este ano as dunas gañarían protagonismo estando presentes na maior parte do percorrido desta edición.
O vigués conducidirá Can-Am preparado por Southraing para disputar a categoría T4, buggys case de serie. O coche xa partiu de Marsella, no barco fretado pola organización -a editorial francesa ASO- destino a Jeda..
O portugués David Megre, experimentado piloto de moto en Raid e Enduro, será o seu copiloto. Anxo Avó, de Vigo, e os lusos Pedro Caixeiro e Mario Ferreira serán os mecánicos; coa axuda do ex piloto de motos do Porriño Rogelio Nacimiento.
Megre foi Campión de Europa e ten bastante experiencia. Correu no Dakar como piloto de moto e como copiloto en buggy..
Escribe o teu comentario