Choiva de medallas para a canteira do bádmiton galego nos Campionatos de España
A Federación Galega de Bádminton saca peito, e con motivo, dos resultados dos seus federados na recente competición estatal organizada en Palencia. Só nunha das dez finais disputadas o fin de semana non houbo un deportista galego. Sete medallas de ouro están xa en Galicia.
Galicia volve a casa cun palmarés de 15 medallas no Campionato de España correspondente ás categorías de menos de 11 anos e de menos de 19. Palencia acolleu a competición o pasado fin de semana que se saldou unha fantástica colleita para os deportistas do país.
En concreto, houbo galegos en 9 das 10 finais. A Federación tacha de "histórica" esta cifra e indica que demostra" o gran progreso dos nosos volantes". Á vista dos resultados, as novas xeracións veñen pisando con moitísimo ímpeto.

A destacar especialmente o labor de Xulia Otero. A moza conseguiu un triplete histórico, pois conquistou o ouro nas tres categorías nas que competiu. Excelente tamén o nivel de Nikol Carulla que estivo a piques de conseguir outro triplete e de Xoel Álvarez e Maia Freire que conseguiron outras tres medallas cada un.
Dos 15 metais que conseguiron os galaicos, 7 foron de ouro, 4 de prata e 4 de bronce:
- Medallas de ouro:
Nikol Carulla
Nikol Carulla / Lucía Rodríguez
Rodrigo Sanjurjo/ Ricardo Rettig
Xulia Otero
Xulia Otero / Maia Freire
Xulia Otero / Xoel Álvarez
Xoel Álvarez
- Medallas de prata:
Rodrigo Sanjurjo/ Nikol Carulla
Basilio Porto
Maia Freire
Maia Freire/Xavi Freire
- Medallas de bronce:
Ana Nóvoa
Xavi Freire/Miguel Albores
Álvaro Gómez/Xoel Álvarez
-
Samuel Santabaya/Hugo Domínguez
A Federación aplaude é esforzo tanto nos propios clubs como no Centro Tecnolóxico do Deporte Galego de Pontevedra e dá as grazas ao equipo técnico e a todos os que fan posible talles éxitos.

Escribe o teu comentario