Santiago acolle unha carreira popular para visibilizar a depresión

Os participantes na carreira percorreron 4,5 quilómetros ao longo de Parque de Eugenio Granell de Santiago


|

Carrera popular por la depresiu00f3n
Carreira popular pola Depresión / Foto: fartlecksport.com

Pacientes con depresión e profesionais sanitarios participaron este sábado en Santiago de Compostela na Carreira Popular pola Depresión co obxectivo de "concienciar e visibilizar" sobre unha enfermidade que, calculan, afecto en Galicia a unhas 129.000 persoas. Isto supón unha prevanlencia aproximada do 5,6% da poboación.

 

A carreira foi organizada polas asociacións de pacientes A Varanda e LAREIRA Prol Saúde Mental, a Sociedade Española de Psiquiatría e Saúde Mental, a Socidad Española de Médicos de Atención Primaria e Lundbeck, compañía farmacéutica especializada nas enfermidades do cerebro, co apoio do Servizo Galego de Saúde e o Concello de Santiago de Compostela.

 

"Segundo a Organización Mundial da Saúde, as consultas de saúde mental aumentaron un 25% nos últimos tres anos", sinalou o expresidente da Sociedade Española de Psiquiatría e Saúde Mental e director do Instituto de Psiquiatría e Saúde Mental do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón de Madrid, o doutor Celso Arango.

"Grazas á gran acollida desta carreira conseguimos, entre todos, visibilizar a depresión, unha enfermidade tan prevalente e con tanto impacto na sociedade actual. Vincular a depresión co deporte, unha actividade saudable, que mellora o benestar e ten connotacións positivas, nun ámbito de colaboración e, non competitivo, permítenos dar unha mensaxe de optimismo a todas aquelas persoas que padecen esta enfermidade e a toda a poboación galega", destaca Arango.

 

O actor e presentador Javier Martín tamén participou, defendendo que é "moi importante impulsar este tipo de iniciativas para visibilizar, falar e sacar da escuridade a depresión". "Moitas persoas esconden estar mal por medo ao estigma social que aínda existe. Hai que incidir na importancia de pedir axuda aos profesionais sanitarios, acudir a terapia e seguir a medicación", asegura Martín.

 

Pola súa banda, Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria, lembrou que "a Consellería de Sanidade está a levar a cabo melloras na atención ás persoas con depresión, co incremento de persoal para a súa atención, con 125 profesionais novos para equipos de saúde mental, dos cales 34 son psicólogos clínicos e 37 psiquiatras, nos últimos dous anos".

 

Así, continuou, puxéronse en marcha proxectos como catro novas iniciativas de saúde mental de adultos, tres infantojuveniles e seis unidades específicas de prevención do suicidio. Así mesmo, incorporouse un equipamento para o tratamento hospitalario das depresións graves e refractarias, ademais dun proxecto de innovación terapéutica a través da estimulación magnética transcraneal.


"Seguimos intensificando estes esforzos, e en 2023 prevese a contratación estable de 61 novos profesionais", avanzou. Os participantes na carreira percorreron 4,5 quilómetros ao longo de Parque de Eugenio Granell de Santiago. Entre eles, destacou a atleta galega e marca de España nos 5.000 metros, Julia Vaquero, que guiou unha sesión de quecemento previa e uns exercicios de estiramento tras a proba.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE