De Sabadell a Oleiros e de Oleiros ao Dakar: Iván Merichal enfila o desafío final

O piloto vén de concluír un esixente Rally de Marrocos no que conseguiu o pase para o Dakar de 2024.

 


|

O piloto vén de concluír un esixente Rally de Marrocos no que conseguiu o pase para o Dakar de 2024.

 

Coa cabeza posta en finalizar o Campionato Galego o próximo mes de novembro, Merichal empeza a prepararse para un dos maiores retos da súa vida.

 

Moto ivu00e1n merichal
Iván Merichal | Foto: Ártabros Rally

 

De raíces catalás pero afincado en Oleiros, a tempada de Iván Merichal está a ser para enmarcar. O piloto de 'Casas Cube-Ártabros Rally' saíu triunfante do Rallye du Maroc, onde Howse coroouse campión. O estadounidense impúxose nunha edición para a que Merichal marcouse o obxectivo de pasar o corte e logtrar un billete ao Dakar.

 

Co boleto dourado no peto, Merichal celebrou en Agadir o traballo ben feito despois de varios días polo Sahara nun dos trazados "máis duros e esixentes dos últimos anos", segundo os expertos. 

 

"Superar un gran rally internacional no deserto é un requisito previo indispensable para ser aceptado no Rally Dakar. Iván puido realizar un rally limpo, sen ningunha penalización e volvendo a casa con todos os waypoints no peto", celebran desde o seu equipo, que poñen en valor o seu claficiación entre os 60 mellores. 

 

CONFIANZA PLENA

Dentro do equipo, os ánimos a Merichal acentúan a proeza do de Oleiros: "Demostrou ritmo e capacidade mental.  O Rallye du Maroc é o filtro para seleccionar que pilotos están capacitados para chegar a meta no Dakar. Un primeiro paso moi importante superado, así que xa podemos empezar co plan Dakar 2024". 

 

Pero el, contento tras un rally "espectacular" no que se atopou en plenitude física, móstrase cauteloso, consciente de que Marrocos só é "unha boa mostra do que será o Dakar". 

 

"Ao pasar a meta do Rallye du Maroc empezou unha das etapas máis duras: seguir adestrando e conseguir orzamento para o Dakar 2024", advirte. Nesa liña, lembra que o seu logro non fose posido de non ser por toda a xente que o apoia. 

 

Ivu00e1n merichal moto
Iván Merichal | Foto: Ártabros Rally

 

"Non podería competir neste deporte sen a axuda dos patrocinadores. Tiven a sorte de contar co apoio de numerosas marcas apoiando a miña tempada previa. Estou moi orgulloso e agradecido por iso. Espero conseguir os apoios necesarios para estar na liña de saída do Dakar. Non é tarefa fácil, pero traballarei duro para conseguilo", conclúe, coa vista posta nestes momentos na última prubea do Campionato Galego que ten practicamente no peto.

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE