Todo o que necesitas saber para unha nova edición do Caudal Fest: horarios, accesos, escenarios...

O festival lucense arrinca este venres 19 de setembro os concertos que xa significan a última festa do verán.


|

G05c83JWIAA1ATC
Caudal Fest

 

Que non nos enganen estes días de calor sufocante, pois son as últimas rabexadas dun verán que, de mala gana, chega ao seu fin. Non todo son malas noticias, pois isto significa, ademais, que é momento dun último baile. A última festa do verán, talvez a máis grande de todas, abrirá pronto as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, escenario da VII Edición do Caudal Fest, o último dos grandes festivais estivais que arrinca este venres 19 de setembro e que terá un fin de festa a madrugada do sábado ao domingo. Por iso, para espremer ao máximo o evento e despedir o estío como se merece, toca seguir unha serie de consellos e recomendacións para sacarlle todo o mollo ao Caudal. 

 

 

CONSELLOS PRÁCTICOS

O primeiro, unha mala noticia: igual esta edición está pasada por auga. As previsións indican que o venres comezarán as precipitacións que serán máis abundantes a medida que avance o fin de semana. Por iso, á cidade amurallada toca levar o impermeable (deixa en casa o paraugas, que é un amolo) e as botas para poder bailar aínda que sexa entre os charcos. 

 

Chegar até as mesmas portas do Caudal é sinxelo si sabes como. A mellor forma de desprazar é nos buses lanzadeira que dispón o festival, gratuítos e puntuais para todos os asistentes desde a Praza de Bretaña en horarios de 16:30 horas até as 3:45 horas do venres á madrugada do domingo.

 

 

Unha vez no recinto, toca pulserarnos. Ten a túa entrada a man, en formato físico ou no teléfono (si é o móbil, asegurate de que se pode ler ben na pantalla, non vaias aparecer alí cunha pantalla escacharrada e quédesche na porta). "As entradas de Caudal Fest 2025 son nominativas. É imprescindible presentar o DNI ou calquera documento identificativo oficial xunto coa entrada para poder conseguir a túa pulseira de acceso ao recinto", lembran os organizadores.

 

A pulseración farase nas carpas da entrada con filas para os posuidores dun abono para os dous días de música e para aqueles con entradas de día. A recomendación é ir con tempo e paciencia, pois é posible que as colas sexan longas o primeiro día. Coa pulseira terás acceso ao festival e servirá como medio de pago para as moitas barras dispostas nos xardíns, previa recarga do sistema Cashless. 

 

 

Ademais de música, o Caudal conta cunha gran variedade de opcións para recobrar enerxías despois de deixarche a voz cantando os teus temas favoritos. Os foodtrucks dispostos na zona de comida contan con opcións para todos os gustos e intolerancias, con alternativas sen gluten ou veganas. Se non sabes onde atopalos, o mellor é que gardes este mapa para consultalo sempre que sexa preciso no ir e vir dun escenario a outro. 

 

 

Sabendo todo isto, só queda facer unha lista dos concertos imprescindibles, que no caso do Caudal adoitan ser todos. Para esta edición, actuacións como as de Love of Lesbian, Dani Fernández ou Nena Polaca o venres ou as de Melendi, Carolina Durante ou Zahara o sábado prometen ser as máis multitudinarias por un público que quere dicirlle ola ao outono como é tradición: deixando os pés e a voz no Caudal Fest, a mellor despedida posible a un verán inesquecible.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE