Golpe ao clan dos Piturros con seis arrestos en operativo policial con rexistros en varias localidades galega

Até 14 rexistros en distintas localidades galegas.


|

WhatsApp Image 2025 12 17 at 19.36.53
Foto: @g24noticias

 

Seis persoas foron detidas nas últimas horas, unha delas en Francia, nun novo operativo policial no que se realizaron até 14 rexistros en distintas localidades galegas.
 


Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza (#TSXG) consultadas por Europa Press, ao longo desta mañá leváronse a cabo uns 14 rexistros en municipios dos partidos xudiciais de Vilagarcía, Cambados, Redondela, Pontevedra e Cangas.

É precisamente o Xulgado número 3 de Cambados o que instrúe a causa, que saíu á luz tras observar un amplo despregamento policial no centro de Vilanova de Arousa esta mañá.

A previsión é que o cinco detidos en España, entre os que figura un membro do clan dos Piturros, pasen a disposición da maxistrada do Tribunal de Instancia de Cambados praza nº3 o vindeiro venres, día 19 de decembro, pola mañá. Hoxe realizáronse 14 rexistros nos partidos xudiciais de Vilagarcía, Cambados, Redondela, Pontevedra e Cangas.

Todo iso despois de que este mércores varios furgóns policiais sorprendesen aos veciños da zona da Praza do Parque no marco dun novo operativo declarado en segredo de sumario, segundo fontes consultadas por Europa Press.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE