Máis de 60 entidades comprométense a constituír os grupos de traballo do proceso 'Lingua Vital'
A finais de 2025 constituiranse os grupos de traballo para analizar pormenorizadamente a situación da lingua.
O eco do berro dos miles de participantes nas protestas do pasado 17 de maio en Santiago de Compostela segue resoando nas rúas da capital galega. Un berro que pide, de maneira unánime, a salvación da lingua do país e avances para a normalización do seu uso. Iso pretende conseguir o proceso social 'Lingua Vital', que abandera as plataformas Queremos Galego e A Mesa pola Normalización Lingüística.
GRUPOS DE TRABALLO
A fin de "garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos", máis de medio centenar de entidades, colectivos e organizacións de toda Galicia constituiron este fin de semana en Santiago os primeiros pasos para actuar en prol da lingua despois das manifestacións multitudinarias sucedidas nos últimos anos que denunciaron á Xunta de Galicia a aplicación dos acordos aprobados polo Parlamento e que non se están aplicando.
As cifras do número de falantes, especialmente preocupantes nos grupos de idade máis novas, provocan inquietude nos colectivos, que acordaron organizar en grupos de traajo no último trimeste deste 2025 para "avaliar de maneira sectorial o grao de cumprimento e efectividade das medidas contempladas no Plan Xeral de Normalización Lingüística".
Este pretende ser unha análise detallada da complexidade da situación, de maneira que sirva de folla de ruta para, posteriormente, "fixar os mínimos que cada entidade social está en condicións de asumir na súa acción diaria na medida en que poden producir un efecto normalizador no seu ámbito", co propósito último de "alcanzar un compromiso de aplicación polas institucións públicas".
Escribe o teu comentario