O Festival Jaleo debuta en Santiago con Viva Suecia, Zahara, Sexy Zebras ou Carlos Ares
O evento, programado para o próximo 5 de abil, celebrarase no pavellón Multiusos Fontes do Sar.
Prometen balbordo, e balbordo van dar. O nome do novo festival de música que promete dar un xiro á oferta cultural de Santiago de Compostela na primavera cumpre o que promete despois de desvelar o cartel da que será a primeira edición dun evento que pinta a que chegou á capital galega para quedar, á vista da calidade da programación que desde o Festival Jaleo idearon para este debut ao grande o Multiusos Fontes do Sar.
JALEO E JARANA
E é que o pavellón compostelán será o próximo 5 de abril o recinto que de cabida a este festival de música que organiza e produce a produtora con sede en Arzúa Artmusic Agency, responsable de, entre outros, do ciclo Momentos Alhambra Aqustiquísimos, que este ano trouxo a Galicia a Marwán, María José Llergo, Muchachito Bombo Inferno e Carlos Sadness.
Para tan feliz estrea, o Jaleo convidou a Viva Suecia ou Zahara para ser os seus padriños como cabezas de cartel. A banda murciana e a artista de Úbeda serán os principais reclamos dunha proposta que conta con Sexy Zebras, que co seu tema 'Jaleo' non podía faltar á cita sendo unha das formacións máis aclamadas do indie-rock nacional, ou Carlos Ares, unha das voces máis singulares da música do país.
Completan a proposta Dani Dicostas, promesa do indie nacional coas súas letras intimistas como selo persoal, e o produtor e DJ David Van Bylen, que promete pór a bailar a toda a pista coa súa sesión para pechar a xornada. Coas entradas xa á venda, o Jaleo destápase como unha cita ineludible para os festivaleros o próximo abril. Con estes ingredientes, todo parece indicar que fará honra ao seu nome.
Escribe o teu comentario