Noemí Sabugal solta amarras con 'Labirinto mar': "Altri non estará no interior senón na costa; a conciencia é que chegará ao mar"

Escenario de batallas navais e naufraxios, refuxio de turistas e artistas, fogar de pescadores, piratas, baleeiros, narcotraficantes...e Cristóbal Colón? As costas de Galicia gardan miles de historias e segredos que a xornalista e escritora Noemí Sabugal trata de desentrañar en 'Labirinto mar: Unha viaxe pola vida e a historia das nosas costas' (Alfaguara). A escritora leonesa, aproveitando o percorrido de presentación que a tivo o martes en Santiago e que este mércores a levará até a libraría Moito Conte da Coruña ás 19:30 horas, atendeu a Galiciapress para falar da súa última obra, do litoral galego e de todas as súas ameazas, desde a falta de substitución xeneracional na pesca até os riscos medioambientais que supoñen empresas como Altri ou o tráfico de grandes petroleiros nas rutas marítimas.


|

WhatsApp Image 2024 10 08 at 21.05.59
Noemí Sabugal 

 

Até onde eu sei, Santa Lucía de Gordón non ten paseo marítimo. Como acaba Noemí Sabugal tan namorada do mar cando o ten a 100 quilómetros de casa?

É algo que me están preguntando moito estes días. O libro ten moito de descubrimento das costas e dos mares. Eu defendo que ninguén debe ser alleo ao mar neste país. O mar rodéanos, moitas cousas dependen del, a economía, moitos negocios, moitas vidas. 

 

Tamén digo que hai unha circunstancia que é ter relación cun mar. No meu caso, aínda que eu veño de zona e familia mineira, a metade da miña familia é asturiana, os meus veráns son cantábricos, son os veráns de Xixón, á parte de que o meu parejaque é o autor das fotos do libro, é de aquí, de Galicia. Todos podemos ter ese enlace co mar e que nun país como este ninguén debería ser alleo ao que lle ocorra. O que pasa é que pensamos moito na praia e menos no mar. 

 

Aínda que ten moi poucos días de vida, a criatura leva uns tres anos no bandullo. Como foi todo este proceso de documentación? 

Longo, porque un libro así o require. Foron tres anos e medio longos de documentación, de viaxes, de procura de testemuños… Para min foi un privilexio poder facer este libro e un luxo, porque era un proxecto persoal e desenvolver o que ti queres é estupendo: elixir aquilo que vas mirar, aquelas persoas coas que vas falar…traballar con esa liberdade é marabilloso.
 

Foi un proceso longo porque require primeiro moita documentación, aqueles lugares aos que vas ir debes coñecelos, hai temas que para min eran moi descoñecidos, por iso digo que é un libro tamén de descubrimento. Un exemplo é a pesca, que aquí é tan importante, pero tamén a contaminación, o cambio climático, o tema das baleas… Foi un proceso longo, pero apaixonante, desde logo.

 

 

E nese proceso de descubrimento imaxino que visitaches moitas costas. Algunha se gañou o título de costa favorita? 

Gústanme todas. Todas teñen lugares interesantes e algunhas veces lugares tremendos, lugares que foron enormemente mancillados pola actividade humana, por exemplo a praia de Portmán en Murcia, é un exemplo extremo do que lle podemos facer ás costas. É unha bahía que está colmatada con residuos mineiros. Perdeuse a praia, o que hai é unhas balsas de residuos tóxicos. Hai zonas como a Costa da Morte que son preciosas, ou as marabillosas Rías Baixas. A costa española é moi interesante e moi bonita en moitos aspectos, e non só sabémolo nós, senón que o saben moitos millóns de turistas que veñen cada ano a elas.

 

E como é a costa de Galicia en ‘Labirinto mar’? 

Galicia salgue moitísimo no libro, como non podía ser menos nun libro do mar. Para empezar é un dos territorios pesqueiros máis potentes, segue tendo a flota pesqueira máis potente xunto coa de Canarias. Estiven, por exemplo, coas mariscadoras no esteiro de Vilanova de Arousa, con bateeiros na Ría de Arousa tamén, percebeiros de Muxía… 

 

A pesca é moi importante, é moi potente, e determina moitas cousas históricas e até sentimentais, dunha conexión coas rías, coas costas, co mar, moi próximo e moi próximo, que outros sitios xa perderon, como portos mediterráneos que se converteron practicamente en portos deportivos. Pero a flota está a reducirse, tamén a de Galicia, está a reducirse dunha maneira enorme. A cuestión aí é a substitución xeneracional. Os pescadores están moi preocupados por isto. 

 

DE BALEEIROS E MIGRANTES

Un dos capítulos que poden resultar máis curiosos ao lector é o dos últimos baleeiros, cunha mención especial a Caneliñas, en Portonovo. Cóntame máis sobre eles.

Esa é unha parte da historia de España moi esquecida, creo que unicamente en Galicia e no País Vasco lémbrase. No País Vasco de feito dunha maneira máis histórica e estase construíndo un antigo barco baleeiro en Pasaia tal e como eran os orixinais Pero a última industria baleeira estivo aquí, en Caneliñas. Estiven cos últimos pescadores ou cazadores de baleas en Cee, nunha polafía que organizou a Asociación Galega de Escritoras e Escritores. É unha historia esquecida e que ten dous partes: por unha banda a parte da industria, que ía toda para Xapón, que empregaba na última etapa máis mulleres que homes, porque ademais eran as que preparaban a carne, e por outra banda toda a mobilización social e ecoloxista que houbo por parte da Asociación Galega de Historia Natural, e Greenpeace e outras organizacións, que levou á moratoria internacional que empezou en 1986.

 

É curioso que a última factoría sexa aquí, pero que está moi esquecida. A última balea que se cazou en España foi aquí, unha femia de rorcual común que medía 17,70 metros. O último arponero vivía en Ares. Esa parte da historia está aí e sempre me gusta citar a Alex Aguilar, profesor de Bioloxía Animal na Universidade de Barcelona, que traballou aquí en Caneliñas oito anos. A súa visión é moi interesante, porque el, como biólogo e ecoloxista, é unha persoa preocupada pola cuestión das baleas e o medioambiente, pero por outra banda coñeceu aos traballadores de Caneliñas, viunos dunha maneira humana. Ten un libro fundamental sobre esta cuestión, que é ‘Chiman’. É unha historia apaixonante con ensinos para o día de hoxe e a máis clara é a da sobrepesca. Temos o exemplo da balea franca, que está practicamente esquilmada, que viña ás nosas costas e nós cargámosnola/cargámonola. Pero tamén foi unha época moi dura, con bombas lapa en barcos e un enfrontamento social moi grande

 

No libro dedicas un apartado á historia dos naufraxios, desde o Cemiterio dos Ingleses até a Vila de Pitanxo. É necesario lembrar que o mar é fermoso pero hai que terlle moito respecto.

O mar é vida e o mar é morte. O caso da Vila de Pitanxo é tremendo, é o máis mortífero que houbo nas últimas décadas: son 21 persoas mortas, doce delas aínda non aparecidas, unha ferida aberta para as familias. É un caso que aínda non está xulgado e no que hai que considerar os primeiros pasos que se deron. O que máis piden as familias é que haxa un protocolo claro para cando se produza un suceso destes, como se debe investigar, establecer un protocolo claro de que ocorre, cando ocorre…

 

 

É importante que as familias teñan voz; é moi doloroso neste caso cando non aparece o corpo, porque este peche do duelo non é fácil. Non é fácil saber como se enterra unha ausencia. As viúvas foron moi xenerosas tamén ao falar comigo e contarme un pouco todo isto que nos fala evidentemente do mar como un elemento natural, alleo aos nosos desexos e á nosa vontade. 

 

Os naufraxios entroncan directamente con outro tema como é a emigración, hoxe tan de actualidade pola cantidade de migrantes que chegan ás costas europeas. É bo lembrar que non fai tanto eran os nosos avós os que cruzaban o mar…

Iso fágoo no mesmo capítulo cunha intención absolutamente clara de que iso sirva como espello.España foi unha nación enormemente inmigrante e de Galicia que vou dicir. Cito a un historiador que creo que calcula que dos portos galegos entre mediados do 19 e mediados do 20 saíron máis de dous millóns de persoas, posiblemente máis, porque había moito embarque irregular. Nós fomos migrantes sen papeis e sen contratos, iso hai que lembralo. 
 

En Galicia está máis ou menos presente, do avó ou bisavó que se foi a Cuba, que se foi a Venezuela, que se foi a Buenos Aires… Hai que pensalo tamén cando tratamos a cuestión migratoria, unha cuestión que deberiamos tratar como unha cuestión de dereitos humanos e non como ás veces se escoita en certos discursos xenófobos e ademais absolutamente falsos, buscando unha percepción que non existe. Vémolo nas cifras do CIS, coas preocupacións, pero cando falan da súa relación cos migrantes é boa. Volvemos á pesca, onde a substitución xeneracional vese compensado con mans de migrantes, fundamentalmente africanos en pesca de baixura e indonesios e filipinos en pesca de altura.

 

Nos barcos españois de pesca de altura está máis ou menos 40-60 a porcentaxe de españois e estranxeiros. Porto como o de Burela, cun gran peso dos migrantes caboverdianos. Esas mans migrantes son as que levan a pescada á pescadería. Intento que ese refresco da memoria migrante vállanos para ter outra mirada máis próxima aos que se están vindo ás nosas costas por mar de novo, nunha ruta mortal en moitas ocasións. 
 

No libro tamén fas mención á navegación e o peso de España no descubrimento de novos mundos. Estes días volve ser noticia Cristóbal Colón e a súa procedencia coa emisión dun documental o próximo 12 de outubro onde prometen desentrañar a súa procedencia. Galicia está nas quinielas. Algunha aposta? 

Uy, non me atrevería! Cito o museo de Colón en Poio, nun das posibles orixes que se reivindica. Creo que tampouco importa demasiado. Creo que o interesante, ou unha das cousas que conviría lembrar co tema do mar e co tema de Colón, é abrir e internacional que é o tema do mar. Colón poida que fose genovés, Magalhães era portugués… Moitos dos grandes navegantes que reivindicamos eran doutros países. Entendo que cada un quere arrimar o ascua á súa sardiña nun tema como o de Colón, pero ten máis peso pensar o abertos que foron os lugares de porto, onde se mesturaban os navegantes. Grandes navegantes do noso país eran doutros países. Creo que iso é unha mostra tamén de que o mar, aínda que moitas veces o pensamos como fronteira, é camiño.

 

 

"NON LLE VEXO DEMASIADO FUTURO A ALTRI"

Por outra banda, tamén falas da pesca ou o marisqueo, actividades que hoxe están baixo ameazas tan variadas como a eólica mariña ou o turismo. Que impresión lévasche desta industria? Estamos nun momento de transformación ou extinción destes oficios tradicionais?

Todos os pescadores están moi preocupados. A flota non deixou de reducir. Se esa substitución non se dá, no momento en que che xubilas ese barco vai ao despezamento. A flota de baixura en España reduciuse moitísimo, aínda que a pesca seguirá existindo. Hai unha pesca de altura que seguirá e pode ser máis masiva, porque somos cada vez máis e necesitamos comer. Iso non vai desaparecer nunca.
 

E iso leva moitos cambios a nivel económico, a nivel social, a nivel emocional, a nivel familiar. Moitísimos cambios diferentes e é bo pensalo. É verdade que os mares están afastados xeralmente de onde se toman as decisións, que é o centro do país, xeralmente Madrid. Sempre é bo lembrar a importancia que ten este tema.

 

Pola eólica mariña, por exemplo, entrevistei en Santiago a Torcuato Teixeira que é, entre moitas outras cousas, portavoz da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños. No ano pasado presentáronse 50 proxectos de eólica mariña. Non están desenvolvidos aínda porque hai unha lexislación que aínda non se desenvolveu. É un tema que eu creo que vai estar moi quente nos próximos anos. A plataforma está preocupada por como pode afectar iso ás correntes, etc. O sector pesqueiro vai ter que ser escoitado e é unha cuestión que non soamente afecto a nivel pesqueiro senón tamén a nivel turístico. Na zona da Costa Brava, en concreto en Cadaqués, hai un gran cartel contra un parque eólico que queren facer, porque non é o mesmo mirar a un horizonte mariño que mirar a un horizonte de aeroxeradores. Non me gusta nada ser pitonisa, pero si que é un tema que nos próximos anos vai ser un tema de debate crave.
 

En calquera caso, talvez o maior perigo seguen sendo todos os riscos medioambientais que existen sobre as nosas rías. Desde o tráfico de petroleiros ante a nosa costa até crise como a dos pelets. Tes a percepción de que nalgún momento cargarémonos este tesouro?

Tivemos un caso como o do Prestige e nalgúns sitios estiveron como un ano e medio practicamente sen traballar. Un percebeiro de Muxía dicíame que menos mal que aquí a costa é moi batida e iso favoreceu que o percebe puidese agarrar outra vez. Se isto ocorrese no Mediterráneo se cadra estás cinco anos limpando. Estamos nunha zona de paso. O 80% das mercadorías a nivel mundial van por mar, iso ten moitas derivadas a nivel ecolóxico, económico, etc. Agora estanse facendo cada vez máis barcos eléctricos, pero de momento son practicamente moi poquitos. O custo que teñen eses barcos tamén de uso, de gasoil, é enorme. 

 

Outro é o seu estado. O caso do Prestige: como se pode permitir que un barco monocasco opere aínda cando tiña que estar no despezamento? Hai outra cuestión, como o feito de que a bandeira do barco é dun sitio, o armador doutro, a carga de outro… Hai unha lexislación internacional voluntariamente embrollada para que cando pasa algo así se perda a pista. Galicia está nunha zona crave de paso de barcos e encima é unha zona que ten un mar bravo e que pode ocasionar isto, ou sexa que nunca se pode dicir que isto non vai volver a ocorrer. Pero esta non é unha cuestión de Galicia, nin do país, nin de Europa, é unha cuestión de lexislación internacional que cada vez sexa máis puntillosa e máis exixente co tema dos barcos. Se os barcos están agora mesmo teñen as bandeiras de certos países é porque eses países piden menos e hai menos consecuencias e menos de todo. A lexislación internacional é a que ten que mirar iso. 

 

 

E lembrar tamén un tema como o dos bidóns nucleares que hai na Fosa Atlántica, ninguén se preocupa deles, aí están e si están ben, mal, non se sabe. O cambio climático é outra gran preocupación para as rías e a súa produción. O aumento da temperatura ou a salinidade da auga afectan á cría de bivalvos. Aquí vemos ondas de calor mariña, pero no Mediterráneo están a alcanzar picos bastante pavorosos. Hai universidades como a Universidade de Vigo investigando moi preto deste tema e outras moitas. Creo que o único que se podería sacar en claro é que o sector pesqueiro e científico están a achegarse máis. Os científicos deben estar no centro do debate. Xente como Joaquín Garrabó, experto nas corais que ven prexudicados, ou Andrés Cózar, que descubriu as illas internacionais de plástico. ou Javier Aristegui, experto en cambio climático… O sector pesqueiro aproxímase á ciencia para saber que ocorre e como revertelo. Iso é positivo, aínda que hai puntos de fricción e non hai unha voz unívoca, pero a dos científicos é clave. 

 

De igual maneira, industrias como Ence ou Altri supoñen tamén un risco medioambiental considerable. A instalación dunha gran celulosa no corazón de Galicia é hoxe un dos grandes debates políticos e sociais na comunidade. Estás ao tanto? Que che parece que unha industria como a de Altri poida instalar en Palas de Rei e ser un potencial risco para as nosas costas?

Non sei agora mesmo en que punto está en canto permisos e demais, pero o vexo difícil no caso de Altri. Vexo difícil que se instale porque hai unha concienciación social moi grande de varios sectores distintos. Poderíase pensar: “Non, é que está no interior”. Non, está na costa. Os ríos son vertebradores de todo, o río vai ao mar, o río é o mesmo mar. Os ríos pasan diante da nosa porta e todo o que vai aos ríos vai aos mares. O caso de Altri é un caso paradigmático de concienciación cívica e social. Atopamos a parte do sector agrícola, o sector tamén de transformación, como a industria láctea, alimentación…e a conciencia de que se iso chega alí acabará nas rías. 

 

 

A verdade, non sei como pode ocorrer, pero percibo unha gran concienciación social e unha gran oposición. Paréceme difícil que algo que vaia afectar a tantos sectores diferentes e que a xente se está manifestando tan claramente en contra, poida ter algún viso de saír adiante. A propia empresa debe pensalo, mesmo, até que punto convenlle, porque hai unha cuestión aquí como a imaxe de marca. Paréceme ademais un exemplo de que moitas veces pensamos que as cousas son afastadas e non nos van a prexudicar. Igual que empecei dicindo que o mar nos rodea e deberíanos preocupar a todos, este caso é como coa pandemia, que parece que non nos tocaría porque empezou en China, e mira o que ocorreu. Aquí existe unha concienciación moi rápida de que non é un problema do interior, senón que pode chegar á ría. Co movemento social que hai non lle vexo demasiado futuro. 

 

Fixeches ensaios sobre os mineiros, sobre o mar… A ver si son o primeiro que che arrinca que é o seguinte, que tes na recámara. 

Diso si que non adoito falar nunca. Agora con ‘Labirinto mar’, que acaba de saír e estou moi centrada na promoción. Sempre teño os meus proxectos, pero me parece moi atrevido dicilo porque xeralmente os meus libros requiren de anos de documentación e elaboración. Sempre prefiro traballar tranquila e dentro da intimidade da miña habitación. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE