Programación do San Froilán 2024: Fillas de Cassandra, Mondra, Fetén Fetén, Dollar Selmouni, Sés, María Rodés...

O Concello de Lugo anuncia os concertos para as festas de outubro, cunha aposta decidida pola música do país.


|

WhatsApp Image 2024 09 16 at 13.48.48
Fillas de Cassandra, Sés, Triángulo de Amor Bizarro e Mondra

 

As árbores tínguense con cores pardentas e cambiamos as sandalias polas botas de auga, pero nin a festa nin a música pairan en Galicia pese ao cambio de estación. E moito menos en Lugo , onde se preparan para os días máis importantes do ano, coa cidade engalanada para celebrar o San Froilán. Unha festividade que ten unha amplía proposta cultural, coa música como eixo central pero sen esquecer outras citas sinaladas, como o Domingo dás Mozas. 

 

En outubro un lucense pode cruzar a cidade saltando de caseta en caseta ou entre tapas de polbo. A gastronomía non faltará nun municipio coñecido mundialmente pola calidade dos seus pratos, co acompañamento da mellor música, cos artistas máis relevantes da escena galega. 

 

DE MARÍA RODÉS A TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO

O venres 4 de outubro arrincará a festa na Horta do Seminaria ás 22 horas a ritmo de Fillas de Cassandra. O dúo vigués, unha das formacións máis destacadas da música do país tras o éxito do seu 'Acrópole' e coas súas 'Últimas dionisíacas' enchendo teatros e prazas, aterra no San Froilán despois de presentar 'Maricarmen', o seu último tema versionando un clásico do Adhesivo. Esa mesma noite pero ás 23 horas, A Cadela Branco, que fará dobrete na comunidade despois de participar no ciclo de concertos Noites do Porto -25 de setembro, Garufa Club-, sairá a escena na Praza de Santa María. 

 

 

 

Para sábado será a quenda de Dollar Selmouni, ás 23 horas. Trátase dunha das voces máis reclamadas do undeground español, con colaboracións con artistas da talla de Fernandocosta, JC Reyes ou Juancho Marqués. O domingo a inconfundible Sés transformará a Horta do Seminario desde as 22 horas nun canto á cultura galega, á resistencia e ao inconformismo. 

 

Entre semana o ritmo non baixa e haberá actuacións na Praza de Santa María de Club do Río, María Rodés ou Fetén Fetén, os días luns 7, martes 8 e mércores 9 de outubro respectivamente. Xa para o xoves a nota musical poraa Triángulo de Amor Bizarro, cos boirenses celebrando os 20 anos da banda, mentres que o sempre transgresor Mondra, unha bocanada de aire fresco na escena galega tras a súa irrupción hai pouco máis dun ano co seu disco 'ARDĒN', botará a persiana o sábado ás 23 horas. 

 

Pero como non só de música vive o garuleiro, en Lugo hai moitas máis citas ineludibles durante o San Froilán, como as casetas para probar un bo polbo á feira, as atraccións para os máis pequenos, espectáculos para todoa a familia e o 'Domingo dás Mozas', onde os traxes tradicionais tomarán as rúas.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE