O TSXG dá a razón ás queixas polo ruído que provoca o Nadal de Vigo
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) estimou parcialmente o recurso presentado por unha veciña de Vigo e pola Fiscalía contra a sentenza dun contencioso administrativo da cidade, que rexeitaba a reclamación presentada por vulneración de dereitos debido á contaminación acústica xerada polos eventos do Nadal organizados polo Concello olívico, condenándoo a indemnizar á demandante en 600 euros e a tomar medidas para "evitar a reiteración da súa conduta lesiva".
A denuncia da veciña pola contaminación acústica que provoca os eventos do Nadal na cidade, que recibe miles de visitantes que son acollidos con panxoliñas por megafonía a case calquera hora.
"O ruído padecido pola apelante tivo carácter persistente xa que a súa continuidade perdurou (nos horarios permitidos) practicamente dous meses", destaca o TSXG.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) estimou parcialmente o recurso presentado por unha veciña de Vigo e pola Fiscalía contra a sentenza dun contencioso administrativo da cidade, que rexeitaba a reclamación presentada por vulneración de dereitos debido á contaminación acústica xerada polos eventos do Nadal organizados polo Concello olívico, condenándoo a indemnizar á demandante en 600 euros e a tomar medidas para "evitar a reiteración da súa conduta lesiva".
Na súa resolución, do pasado 29 de maio, o alto tribunal galego expresa o seu desacordo coa sentenza do contencioso administrativo de Vigo, no referente á continuidade e prolongación da contaminación acústica soportada por esta veciña, ou na consideración de que os niveis de ruído non desbordaron os límites legais (ou o fixeron puntualmente).
"O ruído padecido pola apelante tivo carácter persistente xa que a súa continuidade perdurou (nos horarios permitidos) practicamente dous meses", sinala o TSXG, que engade que ese ruído foi "intenso".
Con todo, a estimación do recurso é parcial, xa que non abarca a cantidade total da indemnización pretendida.
Escribe o teu comentario