Alana, Buíoch e Picarós, finalistas do Concurso Runas 2024

Estes tres grupos noveis, formados en 2023, 2020 e 2021 respectivamente, terán a oportunidade de subir ao escenario do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira grazas ao Concurso Runas nunha edición na que o voto popular foi decisivo


|

Archivo - Escenario principal del Festival de Ortigueira, en su edición del año 2019
Arquivo - Escenario principal do Festival de Ortigueira

O Concurso Runas, que vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música Celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias.

 

Os finalistas determináronse por un sistema de cinco votos. O primeiro derivado da votación popular na páxina web do Festival, onde se recibiron máis de 22.700 votacións. As outras catro puntuacións proceden dun xurado composto por músicos, xornalistas musicais e promotores seleccionados polo Concello de Ortigueira, que analizaron para o seu veredicto a relación de cada proposta en sintonía coa filosofía e tradición musical propia do Festival. O xurado do Concurso Runas 2024 formárono:

 

- Alberto Balboa, director do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. 

- Rodrigo López, músico e director da Escola de Gaitas de Ortigueira. 

- Pedro Fariñas, músico, docente e titulado superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. 

- Rita Tojeiro, xornalista e responsable da sección de Cultura do Diario de Ferrol. 

 

Tras o veredicto do xurado e do público, Alana (Galicia), Buíoch (Irlanda) e Picarós (Asturias) son os tres grupos finalistas do Concurso Runas 2024. Estes actuarán o xoves 11 de xullo no Festival de Ortigueira 2024. Da súa actuación sairá o gañador que actuará de novo no ano 2025.

 

O trío galego Alana, gañador da votación online, chegará a Ortigueira cun repertorio que mestura a música tradicional galega con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. 

 

Buíoch é un grupo de música tradicional irlandesa que compón arranxos e as súas propias melodías, resultando nun son tradicional pero progresivo que é único e enérxico. 

 

Picarós, terceiro clasificado na votación online, presentará unha vibrante proposta musical que chega desde o panorama folk asturiano cunha fusión da esencia da música tradicional con elementos contemporáneos. 

 

O Comité Organizador do Festival non quere deixar de agradecer a todos os aspirantes a súa participación, así como destacar o alto nivel das súas propostas.

 

Xa son máis de 250 bandas nacionais e internacionais as que pasaron polo Concurso Runas, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE