García Teijeiro firma "O poder d fraxilidade" este mércores no Corte Inglés de Vigo

A firma de libros será na o centro comercial vigués este 19 de abril ás 19:30 horas, na libraría situada na 5ª planta.


|

Image gallery
García Teijeiro (segundo pola esquerda) como parte do xurado do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza | Foto: Xunta.gal

 

Falar de Antonio García Teijeiro é falar dunha das plumas máis prolificas da literatura galega. O vigués, escribiu máis libros que anos ten, e iso é moito dicir para alguén nacido en 1952. A tinta non se esgota na mente do olívico, que este mércores 19 de abril estará a asinar exemplares da súa última obra no Corte Inglés de Vigo. 

 

'O poder da fraxilidade', publicado este 2023, é a última composición de poemas do galego. "Hai táboa de salvación na escuridade, nas tebras? É o amor unha porta aberta á esperanza? Despois do camiño percorrido na única vida que nos toca vivir, queda algo daqueles soños da nenez, da mocidade, dos primeiros anos da adultez? É o noso paso pola vida o voo dun paxaro que ás veces volve ao niño e outras emigra e non sabemos máis del?", cuéstionase o autor na obra.

 

Image (3)

 

A firma de libros será na superficie comercial de Vigo ás 19:30 horas, na libraría situada na 5ª planta. "Polo camiño do incerto", "Chove nos versos" ou "Poesía Cromática" son algúns dos poemarios de García Teijerio, cos que se gañou o recoñecemento dos lectores e a admiración da crítica, que lle reportou diversos premios ao longo da súa carreira. Recentemente foi elixido pola Xunta para formar parte do xurado do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE