Nuria López Presedo gaña o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2022

Nuria López gañou o premio polo seu podcast 'Historias dun país en guerra', publicado en Radio Galega Podcast


|

Nuria López Presedo, ganadora del Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2022
Nuria López Presedo, gañadora do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2022 / Foto: @EP

O xurado do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2022, organizado polo Ateneo de Santiago, outorgou o galardón a Nuria López Presedo polo seu podcast titulado 'Historias dun país en guerra'.

 

Este traballo contou con 35 episodios, publicados en Radio Galega Podcast e distribuídos nas plataformas de iVoox e Spotify nos pasados meses de maio e xuño. A través destas publicacións sonoras, a xornalista recolleu testemuños reais de distintas vítimas da guerra en Ucraína , mediante relatos de residentes do país, persoas que fuxiron ou teñen familia nel.

 

O xurado adxudicou tamén un accésit a Miguel Rodríguez Fernández e a Duarte Romero Varela polo traballo 'Cooperativas de vivenda en cesión de uso: unha alterantiva para un fogar alcanzable?'.

 

A entrega do galardón, que consiste en 1.000 euros e unha peza conmemorativa, terá lugar nun acto público que se celebrará na cidade de Santiago en próximo mes de decembro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE