Ethel Vázquez destaca a gastronomía como reclamo turístico de Galicia

Preto de 40 empresas do sector primario participan hoxe no Galicia Fórum Gatronómico, na Coruña


|

Galicia forum gastronu00f3mico a coruu00f1a 2019
O Galicia Fórum Gastronómico suma hoxe 20 convocatorias, as 4 últimas na Coruña

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidad e o conselleiro do Medio Rural, José González, xunto coa directora de Turismo, Nava Castro, participaron hoxe nunha nova edición de Galicia Fórum Gastronómico, un evento que suma xa 20 convocatorias, as 4 últimas na cidade da Coruña. Vázquez aproveitou hoxe para destacar a gastronomía como un dos reclamos turísticos de Galicia, onde priman os produtos de proximidade e a cociña autóctona.

 

Na súa intervención, Ethel Vázquez destacou que este Fórum é un punto de encontro entre empresas e produtores e supón unha oportunidade de formación para os novos talentos nos distintos talleres programados.

 

Subliñou que o evento contribúe ao mellor escenario para a promoción dos produtos do mar e da terra maridados cos viños de denominacións de orixe protexidas. Lembrou tamén que a gastronomía, xunto coa natureza, é un dos principais motivos escollidos polos turistas para visitar Galicia, pois a comunidade está considerada como destino cunha cociña de calidade e sostible.

 

A conselleira puxo en valor que a comunidade galega conta con 16 Estrelas Michelin condedidas a 15 restaurantes e outros 37 con Soles Repsol, que acreditan a calidade da cociña, xunto cos 25 incluídos na categoría Bib Gourmand ou 3 con estrela verde, recoñecidos polo seu compromiso coa sustentabilidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE