Ampliadas as frecuencias da conexión por autobús ás praias de Oleiros no verán
Os sábados, este enlace ten 19 servizos en dirección Oleiros e 21 cara Coruña, mentres que os domingos conta con 14 en cada sentido
A Xunta acordou ampliar o número de servizos de autobús que comunican as praias de Mera e Canide, en Oleiros, coa cidade da Coruña.
Segundo indicou a Xunta nunha nota de prensa, esta mellora está vixente desde o pasado luns e permanecerá activa até o final de agosto, polo que permitirá "reforzar o aumento de demanda que se produce nos meses de verán".
En concreto, os novos servizos funcionan de luns a sábado e engaden dúas expedicións adicionais de ida, con saída de Entrexardíns ás 14,30 e 15,30 horas, e outras dúas de volta desde Mera ás 20,00 e ás 20,35 horas.
En total, e xa incluíndo este reforzo, a conexión entre a parada de Entrexardíns e a praia de Mera inclúe, de luns a venres, un total de 36 servizos de ida e 31 de volta.
Con todo, os sábados, este enlace ten 19 servizos en dirección Oleiros e 21 cara Coruña, mentres que os domingos conta con 14 en cada sentido.
Escribe o teu comentario