A asasinada na Coruña figuraba no sistema de seguimento integral de casos de violencia de xénero

A muller, asasinada presuntamente pola súa parella, estaba dentro do sistema VioGén. O home está pendente de pasar a disposición xudicial.

 


|

Dos agentes de la Policía Nacional en el lugar en el que han ocurrido los hechos
Foto: EP

 

O home detido pola Policía Nacional da Coruña como presunto autor de matar a unha muller nunha vivenda do barrio da Sacra Familia con quen mantiña unha relación sentimental está pendente do seu paso a disposición xudicial.

En concreto, desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) precisaron que será este martes cando pase ante o Xulgado de Violencia sobre a Muller.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, eran parella e o nome da vítima figuraba no sistema de seguimento integral de caso de violencia de xénero (VioGén). Trátase dun crime no que se está á espera de confirmar si é un asasinato machista.

Os feitos producíronse minutos antes das 07.00 horas deste domingo, o a rúa de San Isidro e foi o 112 Galicia o que recibiu a chamada de alerta

O home foi detido no domicilio onde se produciu o crime. Agora, a Policía Nacional investiga os feitos e a relación entre a muller e o detido. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE