Folga no transporte de viaxeiros por estrada da Coruña: paros desde o 12 de xaneiro e indefinida en febreiro

Se non hai acordo para entón, a partir do día 2 de febreiro a folga será indefinida.


|

Archivo - Foto de archivo
Foto: EP

 

Traballadores do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña decidiron manter a convocatoria de folga en 2026. Concretamente, as asembleas decidiron, "de forma moi maioritaria", manter os paros para os días 12, 13 e 16 de xaneiro, ademais do 19 e 20. Ademais, a partir do día 2 de febreiro, será indefinida.

Os traballadores decidiron en asembleas este luns e martes pola noite se continuaban coa convocotaria de folga en demanda de melloras laborais e salariais.
 


Todo iso despois de que non haxa contactos coa patronal do sector tras unha mediación errada, segundo explicou a Europa Press Ernesto Rei, representante do sector de Transportes na CIG, sindicato que convoca os paros xunto a UXT e CC.OO.

 

FuqVI bWABAE0sW
Foto: CIG

 

SEN ACHEGAMENTO DE POSTURAS 

"Non hai ningún contacto", precisaba en relación á situación neste momento e tras asegurar que había unha mediación aberta, pero que está "pechada" ao non haber unha aproximación sobre propostas entre as partes de face a un novo convenio.

E é que a reunión de mediación entre sindicatos e patronais do transporte de autobús da provincia da Coruña saldouse de forma "decepcionante" e "practicamente sen ningún avance", expuxeron desde a parte sindical.
 


Os traballadores demandan melloras salariais e de conciliación tras catro anos co convenio caducado. Entre outras cuestións, reclaman unha redución de tempo de condución e limitación de xornadas que consideran abusivas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE