Aparecen pintadas na Casa do Concello e o centro de saúde de Dodro

O alcalde, Xabier Castro, mostrou a súa repulsa: "Este tipo de accións o único que fan é danar bens públicos que pertencen a todos os veciños".


|

Pintadas en la fachada del Ayuntamiento de Dodro.
 

O Concello de Dodro denunciou a aparición de pintadas no edificio consistorial, así como no centro de saúde da localidade, nas que se pode ler '5 partidos 11 incompetentes. Dodro respectar', 'A sanidade é ou primeiro' ou 'Dodro merece respecto'.

Segundo informou o Concello, a Garda Civil traballa para atopar aos culpables. Así mesmo, o Sergas tamén foi avisado do sucedido.

O alcalde, Xabier Castro, mostrou a súa repulsa ante este tipo de accións. "A democracia ten suficientes mecanismos para que a cidadanía reclame o que considere. Este tipo de accións o único que fan é danar bens públicos que pertencen a todos os veciños", afirmou.

Así mesmo, lembrou que ás concentracións que se celebran ante o centro de saúde para "reclamar solucións" acoden "unidos" todos os partidos políticos, polo que cree que este tipo de pintadas "non teñen sentido ningún". Por mor destes feitos, o Concello avanzou que pedirá á Delegación do Goberno os permisos necesarios para colocar cámaras de seguridade. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE