Localizan o home de 73 anos desaparecido en Oleiros esta madrugada
O concello agradece a colaboración cidadá
O Concello de Oleiros informou de que xa foi localizado Francisco Pazos, o home de 73 anos que desaparecera durante a madrugada deste sábado no lugar de Lorbé, pertencente á parroquia de Dexo.
Segundo informou o Concello, foi a familia do desaparecido a que alertou á Policía sobre as 03,00 horas deste sábado ao decatar da ausencia do home, que padece alzheimer.
O consistorio municipal agrade a "extraordinaria colaboración veciñal", así como o traballo da Policía Local, o Servizo Municipal de Emerxencias e operarios municipais de Servizos.
Escribe o teu comentario