Interceptadas na Coruña tres persoas que portaban dispositivos de vídeo nas probas teóricas do carné de conducir

A infracción leva unha contía de 500 euros e a prohibición de presentar novamente ás probas no prazo de 6 meses


|

Jefatura Provincial de Tru00e1fico de A Coruu00f1a
Arquivo - Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña / Foto: Google Street View

Tres persoas foron interceptadas na Coruña mentres utilizaban dispositivos de vídeo durante as celebracións das probas teóricas para a obtención do permiso de conducir que se realizaban nas instalacións da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

 

Nun comunicado, o instituto armado explica que os feitos tiveron lugar cando os efectivos do Grupo de Investigación e Análise do Tráfico do Sector de Tráfico de Galicia realizaban as comprobacións pertinentes para detectar a comisión de posibles infraccións de caracter administrativo ou penal durante a realización destes exames.

 

No transcurso das probas, a Garda Civil localizou a tres homes que portaban escondido entre a súa vestimenta dispositivos de vídeo de tamaño reducido.

A Garda Civil procedeu á confección dos pertinentes boletíns de denunca por presunta infracción ao artigo 77 da Lei de seguridade viaria, que leva unha contía de 500 euros e a prohibición de presentar novamente ás probas no prazo de 6 meses.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE