Un mozo de 18 anos é acoitelado na Coruña por presuntos membros da banda Latin Blood

O mozo permanece ingresado no CHUAC con prognóstico reservado tras ser intervido cirurxicamente


|

FoMI8ylX0AAYFR9
Un coche da Policía no lugar onde foi acoitelado o mozo / Foto: @G24Noticias

A Policía Nacional está a investigar o apuñalamento a un mozo este sábado no centro da Coruña. Segundo informaron fontes policiais, o suceso tivo lugar pasadas as 20:00 horas deste pasado sábado no cruzamento entre as rúas Sinfónica de Galicia e Juan Flórez da cidade herculina.

 

Aínda que nos feitos están involucrados ao redor de 15 mozos, a Policía Nacional afirma que se trata dun único agresos, que está a ser investigado nestes momentos. Matizan que os datos solicitados até o momento non apuntan a que se trate dunha banda organizada para delinquir.

 

No momento dos feitos, o mozo estaba a xogar ao baloncesto cuns amigos en Praza San Pablo cando se lle achegou unha banda formada por un 15 adolescentes de orixe latinoamericana, de entre 13 e 16 anos de idade. Algúns deles, que ían encapuchados, correron tras eles despois de quitarlles o balón e insultarlles.

 

Foi no cruzamento da rúa Sinfónica de Galicia con Juan Flórez onde alcanzaron a un dos mozos e acoitelárono no fígado e o estómago, dar despois á fuga. A continuación, o mozo ferido desprazouse a pé até a Praza de Pontevedra, onde un home chamou á policía e a urxencias sanitarias.

Posteriormente foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde permanece ingresado estable con prognóstico reservado, tras ser intervido cirurxicamente.

 

BANDA LATIN BLOOD

A Policía Nacional peiteou a zona da agresión tentando localizar aos menores e investigando o seu posible vínculo coa banda Latin Blood.

 

A Policía local ha posto a disposición as gravacións das cámaras instaladas na zona por si puidesen recoller imaxes do apuñalamento ou detalles que puidesen esclarecer os feitos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE