Terceiro, se me permiten un consello, creo que sería bo unha acción conxunta de todas as institucións galegas, desde a Xunta até o delegado do goberno, desde os empresarios até os sindicatos, e desde a FEGAMP até o Eixo Atlántico, para comprometer 4 puntos básicos e indivisibles sen os cales Galicia e os seus portos están condenados ao desastre: inmediata presentación do plan director do Corredor do Atlántico por parte do Ministro de Fomento; saída a exposición pública do estudo informativo previo da Saída Sur de Vigo antes de que finalice o ano por parte do Ministro de Fomento; desbloqueo e impulso do porto seco de Monforte por parte da Xunta de Galicia e modernización da liña Ferrol/A Coruña - Lugo - Monforte, por parte do ministro de Fomento nunha acción que pode ser concertada coa Xunta de Galicia.
Os 4.851.762 pasaxeiros de 2017 superan o máximo rexistrado en 2007.
Entre as tres terminais suman 228 millóns de euros e só Madrid, Canarias e Cataluña recibiron máis.
O alcalde de Vigo esixe máis voos do Imserso desde Peinador, mentres Noriega insiste en que a Xunta se encargue de coordinar.
Ata o 28 de outubro, a aeroliña suprime 22 avións entre as dúas capitais e outros dous entre Vigo e Barcelona.
Dous avións Santiago-Madrid o martes e outros dous Vigo-Barcelona o mércores son os únicos confirmados ata o momento.
Fomento pedía máis tempo para negociar e os sindicatos aceptan. Dentro dunha semana reuniranse en busca de avances.
UXT achegou posturas con Prosegur, pero danse o mes de setembro de marxe para chegar a un acordo.
A negociación entre o sindicato e Prosegur non deu froitos, pero os atentados cambian a situación.
UXT acordou este xoves con Eulen abrir un calendario de negociación e pola tarde tentará o mesmo con Prosegur, para a que traballan os vixiantes de Santiago.
UXT defende que se a seguridade se considera un servizo "esencial", os salarios dos vixiantes son "míseros". Os traballadores de Aena planean 25 días de folga ata decembro.
Tamén a CIG, coma CCOO e USO, desmárcase dunha decisión que censura por "non contar coas demais forzas sindicais".
Os sindicatos CCOO e USO desmárcanse de momento da convocatoria de UXT ata que non se vexa o rumbo que toman as negociacións coa empresa.
Os vixiantes de Alvedro e Lavacolla, que traballan para Eulen e Prosegur, convocan folga parcial desde o 20 de agosto.
Na primeira metade do ano, os datos son positivos nas tres terminais, que superan os 2,2 millóns de viaxeiros.
Mentres, o alcalde de Vigo acusa o presidente e os alcaldes a Santiago e A Coruña de manter "unha gran mentira" coa finalidade de "pechar" a terminal de Peinador.
A directora da terminal viguesa afirma que desde os aeródromos "non entendemos esa rivalidade en Galicia".