As cancelacións de Ryanair afectan a dúas rutas dos aeroportos galegos

|

Ryanair 4Só se coñecene as cancelacións ata o 20.


As cancelacións de voos programadas por Ryanair afectarán tamén as rutas que a aeroliña opera en aeroportos de Galicia; en concreto, cancelaranse este martes dous avións entre Santiago de Compostela e Madrid, e o mércores outros dous entre Vigo e Barcelona-El Prat.


Ryanair anunciou a finais da pasada semana que cancelará unha media de 40-50 voos diarios durante o próximas seis semanas para mellorar a puntualidade, o que supoñería máis de 2.000 voos anulados ata que finalice o mes de outubro. De momento, coñécense unicamente os voos cancelados ata o mércores, día 20.


En Galicia, trátase dos voos que estaba previsto que unisen Madrid e Santiago nos dous sentidos e os que ían conectar Barcelona-El Prat con Vigo, tamén en ambas as direccións.


relacionada Máis prazas nos voos que unen no inverno Santiago e Frankfurt
relacionada Aprazada a folga nos aeroportos para chegar a un acordo
relacionada A crise da seguridade dos aeroportos aterra tamén en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress