Os aeroportos galegos gañan case 170.000 pasaxeiros ata xuño

|

Avionaeropuertovolarturismo



Os tres aeroportos galegos rexistraron aumentos na súa cifra de pasaxeiros na primeira metade do ano e gañaron en conxunto case 170.000 viaxeiros con respecto ao primeiros seis meses do ano anterior, ata superar os 2,2 millóns.


Segundo recollen as estatísticas de Aena feitas públicas este mércores, os tres aeródromos galegos rexistraron ata xuño 2.267.341 pasaxeiros, o que supón 168.030 máis que no mesmo período de 2016, unha alza do 8%.


Por aeroportos, o que máis creceu foi o de Vigo, un 9,9%, ata os 484.225 usuarios; seguido de A Coruña, no que os pasaxeiros creceron un 9,2%, ata os 545.122. O aeroporto compostelán de Lavacolla rexistrou 1.237.994 viaxeiros ata xuño, un 6,8% máis que o ano anterior.


CRECEMENTO EN XUÑO


Tamén o mes de xuño foi positivo para os aeroportos galegos que, no seu conxunto, rexistraron case 40.000 pasaxeiros máis que hai un ano, ata os 452.927 (un 9,6% máis).


En concreto, o aeroporto de Vigo experimentou un crecemento do 14,6% en relación a xuño de 2016, ata os 102.087 pasaxeiros; mentres que Santiago aumentou un 9,2%, ata os 245.935; e A Coruña situouse nos 104.905, un 6,1% máis.

relacionada Os tres aeroportos galegos poderán recibir axudas públicas sen render contas a Bruxelas
relacionada Un ránking sitúa o aeroporto de Santiago entre os mellores de España

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress