Aprazada a folga nos aeroportos para chegar a un acordo

|

Aeropuertoviajeros


CCOO, UGT e USO en Aena decidiron conxuntamente recoller a luva de Fomento, que pedía máis tempo para negociar, e non convocar formalmente a folga de 25 días que anunciaron a partir do 15 de setembro.


Os sindicatos quedan a espera das respostas que o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda e presidente de ENAIRE, Julio Gómez-Pomar, poña sobre a mesa o vindeiro xoves 7 de setembro, reunión á que acudirán.


"Pediunos máis tempo e comprometeuse a trasladar as nosas reivindicacións aos ministerios afectados (Facenda e Emprego) poñéndose á fronte da negociación para desbloquear o conflito. Dános igual que secretario de Estado leve a negociación, entendemos que forma parte do Goberno, pero queremos respostas", asegurou o responsable de Relacións Institucionais de UGT en Aena, Raúl Gómez, en declaracións a Europa Press.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Suspendida ata outubro a folga de seguridade en Lavacolla
relacionada Os examinadores de tráfico cambian a folga indefinida por paros parciais
relacionada UGT suspende a folga de seguridade en Santiago a pesar de non chegar a acordo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress