Case todas as cancelacións de Ryanair en Galicia afecta á ruta Santiago-Madrid

Ata o 28 de outubro, a aeroliña suprime 22 avións entre as dúas capitais e outros dous entre Vigo e Barcelona.


|

Ryanairavion 1


As cancelacións de voos programadas por Ryanair ata o próximo 28 de outubro afectarán tamén as rutas que a aeroliña opera en aeroportos de Galicia; en concreto, foron cancelados dous avións entre Vigo e Barcelona-El Prat e máis dunha vintena entre Santiago de Compostela e Madrid.


En Galicia serán dúas as rutas afectadas, concretamente a que conecta Santiago de Compostela con Madrid --cun total de 22 avións afectados-- e a de Vigo con Barcelona --con dous avións en total--, sendo a da capital galega a que acumula o maior número de voos cancelados na comunidade, de acordo coa previsión actual. Dous deles xa non voaron este martes.


Así, no relativo ao aeroporto vigués de Peinador canceláronse os voos con número FR 245 e FR 246 deste mércores, día 20, que inicialmente ían conectar Barcelona-El Prat con Vigo, en ambas as direccións.


CONSUMIDORES DE GALICIA


A Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal), que considerou que a "escusa esgrimida por Ryanair é de mal pagador", apuntou nun comunicado que esta "manobra inesperada pode chegar a afectar a máis de 4.000 persoas" en Galicia, ás que se suman os galegos que voan desde o aeroporto Sá Carneiro, no Porto.


Neste marco, animou aos usuarios con voos cancelados a presentar reclamación e, "chegado o caso, acudir a instancias xudiciais para reclamar danos e prexuízos". De feito, este organismo remarcou que xa traballa en accións xudiciais colectivas e, ante o previsible aumento de consultas e reclamacións, destacou que está a reforzar os seus servizos e equipo humano.


relacionada As cancelacións de Ryanair afectan a dúas rutas dos aeroportos galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE