Un voto de diferenza mantén a Betriz Sestayo como secretaria xeral

A diferenza de só un voto serviu para que Sestayo revalidase o seu posto ante Anxo Mato. 


|


Sestayo

A secretaria xeral do PSOE Beatriz Sestayo.


Un só voto de diferenza decidiu quen será o próximo secretario xeral dos socialistas ferroláns. Os aspirantes, a actual secretaria Beatriz Sestayo, que logrou 96 votos a favor, e o senador Ángel Mato, que con 95 quedou a un tiro de pedra de arrebatar o posto a Sestayo, que se reafirma como a líder do PSOE de Ferrol.


A votación, celebrada durante unha asemblea extraordinaria que tivo lugar na tarde noite do pasado martes, produciuse no Centro Cultural Carballo Calero de O Inferniño, desde as 20:30 horas e que durou ata a media noite. Nunha asemblea multitudinaria exerceron o seu dereito a voto un total de 194 militantes, xa que tres das papeletas foron consideradas nulas.


Ao termino do reconto, Sestayo quixo destacar "a mobilización masiva" dos socialistas de Ferrol. "Por iso, quero felicitar ao Partido Socialista que demostra que é unha organización viva e na que ambos os candidatos dixemos, e así o farei, que gañe quen gañe poñerémonos a disposición do gañador para traballar a favor da cidade e do PSOE, tal e como procede", manifestou, ademais de querer incidir en que está "moi orgullosa da militancia e moi honrada de ser a gañadora".


Con respecto ao axustado da súa vitoria sobre o outro candidato, con tan só un sufraxio máis, Sestayo asegurou que "o partido non queda fracturado, para nada, é un partido forte e agora o que toca é poñernos a traballar todos unidos para liderar o proxecto de esquerdas desta cidade".


MATO PONSE “AO SERVIZO DA SECRETARIA XERAL”

Pola súa banda, Ángel Mato quixo "agradecer a todos os militantes o que se desprazaron ata esta asemblea para votar, darlle tamén o parabén á secretaria xeral". "E tal e como me comprometín antes de entrar nesta asemblea, eu seguirei traballando como ata agora pola agrupación á que defendo", abundou. O representante na Cámara alta tamén incidiu en que "o resultado foi moi axustado". "Penso que agora todos debemos de estar ao lado da secretaria xeral e continuarei traballando para o meu partido, que é o que levo facendo ao longo deste tempo e o que seguirei facendo de aquí en diante", apostilou.


Mato rexeitou valorar este resultado "como a existencia de ganas de cambios", xa que estimou que no seu caso fixo "un esforzo enorme por tratar de buscar unha lista que tivese o respaldo da maioría". "Tentei falar con todo o mundo e o resultado é o que é e ao que me referirei sempre", recalcou.


Con respecto á integración de membros das dúas listas na executiva que liderará Sestayo, Mato manifestou que "agora é a ela a que lle corresponde tomar as decisións e que decida con que persoas quere contar". "Desde logo non serei eu o que poña ningún impedimento para iso", concluíu. A secretaria á súa vez trasladou que "a partir de xa" van "facer grupos de traballo con xentes das dúas listas, na que non sobra absolutamente ninguén", sentenciou.

relacionada ‘Ferrol en Común’ anuncia a súa candidatura ás eleccións municipais
relacionada ​A privacidade e seguridade na internet, un risco aínda maior para os menores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE