A privacidade e seguridade na internet, un risco aínda maior para os menores
Un experto da Garda Civil en seguridade informática ofrece unha charla en Ferrol.
O experto da Garda Civil en seguridade informática José Torres ofrecerá este xoves na sede de Afundación en Ferrol unha charla sobre menores e as novas tecnoloxías.
A organización explica que José Torres é experto en seguridade e privacidade nas TIC e actualmente exerce de responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra.
Durante a súa carreira profesional dirixiu e coordinou no ámbito nacional diversas operacións contra a pornografía infantil e acumula experiencia como relatora en diversos foros e mesas redondas de distintos organismos.
Ademais, José Torres colabora coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de diferentes ferramentas de detección de pornografía infantil e ciberbullying na rede.
RISCOS DA INTERNET
Na súa conferencia, Torres falará "sobre os innumerables beneficios do uso da internet e das TIC", indica a organización, pero tamén "da necesidade de que pais, nais e docentes sexan conscientes dos riscos que implica o seu uso, especialmente cando se trata de colectivos tan vulnerables coma os menores".
Deste xeito, tratará temas como a seguridade e a protección da información nos teléfonos móbiles, a xeolocalización, a protección da intimidade, o uso das redes sociais e dos videoxogos, o ciberacoso ou a tecnoadicción.
A entidade destaca que esta proposta supón unha "firme aposta" pola "difusión de modelos formativos diversos en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais", expón, e "por facer partícipes da súa programación educativa, ademais da os escolares, a nais, pais e persoal docente", engade.
Escribe o teu comentario