O mellor condutor de España traballa nas estradas rurais de Vilasantar
Unha aplicación móbil seguiu as súas rutas e non o cazou en ningunha infracción ao volante.
Un carteiro de Correos do municipio de Teixeiro (A Coruña), Juan José Seoane, foi elixido 'mellor condutor' de España no concurso da aplicación 'DriveSmart'.
Durante o concurso, a 'app' seguiu as rutas dos condutores participantes, vixiando os excesos de velocidade e as manobras inapropiadas. En concreto, o traballador da empresa postal alzouse gañador do certame con cero infraccións ao volante.
Seoane acumula máis de 20 anos de traballo na empresa, onde traballa como carteiro rural no concello de Vilasantar. Tamén se encarga de transportar as equipaxes dos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago.
En concreto, o galardoado decidiu doar os 300 euros do premio ao colexio da súa localidade natal e de reparto, o CEIP de Présaras-Vilasantar, co obxectivo de que os nenos do centro realicen actividades de seguridade viaria.
Escribe o teu comentario