O cambio do modelo de bombeiros das cidades precisa que "Madrid se implique"

A Xunta, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago sentan as bases para aplicar o novo modelo, con temas pendentes.


|

Noriega roda formoso


A Xunta, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago "sentaron as bases" este luns para a comarcalización do parque de bombeiros da capital galega, que se asinará, "o máis axiña posible", este ano, aínda que quedan "obstáculos" por superar, entre eles definir como se afronta o aumento de persoal necesario para o novo sistema.


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, compareceron nunha rolda de prensa conxunta, tras reunirse en Santiago, na que enxalzaron a cooperación institucional e a "vontade" das tres administracións implicadas para mellorar a prestación de emerxencias.


En todo caso, todos admitiron que hai cuestións "técnicas" que haberá que liquidar. Entre os "obstáculos" está a necesidade de aumentar o persoal de bombeiros da cidade, cuns 44 bombeiros en servizo na actualidade. Noriega precisou que habería "capacidade" para contratar ata alcanzar 65 bombeiros, pero os estudos determinan que o novo modelo comarcal esixiría uns 90 efectivos.


O alcalde, que incidiu nas dificultades que presenta a taxa de reposición, esgrimiu que o Concello non pode asumir o "sobrecusto" que supón. En concreto, o custo do servizo actualmente sitúase ao redor dos 2,5 millóns e pasar do sistema local ao comarcal supoñería sumar uns 900.000 euros máis.


Os tres dirixentes compartiron a necesidade de que "Madrid se implique" e Rueda asegurou que se el ten que abandeirar a demanda non terá problemas en facelo, aínda que defendeu que "o realmente importante" é que "hai vontade" e coincidencia por parte das tres administracións.


Se González Formoso destacou a importancia de cubrir "unha zona de sombra", Rueda manifestou a súa vontade de estender o modelo comarcal a todas as cidades galegas. No caso compostelán, os concellos cos que se traballa aplicando o sistema de isocronas que permita unha resposta en 20 minutos son: Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, Padrón, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Trazo e Vedra. En estudo, de ampliar un pouco a marxe de tempo, están Val do Dubra e Touro.


relacionada Silva encarga un estudo independente do mapa de emerxencias
relacionada Ponte Caldelas reclama unha solución para as “lagoas” do mapa de emerxencias
relacionada ​Os bombeiros galegos critican ás concesionarias por buscar traballadores en Infojobs

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE