​O vigués desaparecido o domingo marchara a Francia

|

Francia policia eiffelDespregaron mesmo un helicóptero na súa procura.


O home de Vigo de 38 anos que se atopaba en paradoiro descoñecido desde o pasado domingo pola noite foi localizado en Francia.


A Policía Nacional informou que se mantivo un primeiro contacto con el o mércores, pero non se fixo público á espera de ratificar a información.


Xa na última hora deste venres, a Policía ratificou que foi localizado en Francia tras abandonar o país por vontade propia e sen comunicárllelo aos seus achegados.


No marco da súa procura, un helicóptero policial realizara esta semana un voo de inspección sobre as instalacións das antigas fábricas do Grupo de Empresas Álvarez.


E é que varias testemuñas situaban o home desaparecido nesa zona, na parroquia de Cabral.


relacionada ​Segundo día de procura dun vigués desaparecido o domingo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress